OUSLI - Ourense Software Libre

GET FIREFOX

Download Day

II Concurso Universitario de Software Libre

II Concurso Universitario de Software Libre

Formulario de acceso






Recuperar a chave?

Sindicación

Enquisa

¿Cal é a razon pola que non migras a GNU/Linux?
 

Calendario

July 2008 August 2008
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 27 1 2 3 4 5 6
Week 28 7 8 9 10 11 12 13
Week 29 14 15 16 17 18 19 20
Week 30 21 22 23 24 25 26 27
Week 31 28 29 30 31

Próximos Eventos

There are no upcoming events currently scheduled.
View Full Calendar

Eu .gal

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Mancomun.org

Image
Inicio

II Xornadas de Programación Web con Software Libre

II Xornadas de Programación Web con Software Libre Entre o 23 ao 27 de Xuño Ousli organiza as II Xornadas de Programación Web con Software Libre.

Estas Xornadas, ao igual co ano pasado, están destinadas a amosar todas as posibilidades que as últimas tecnoloxías do mercado en desenvolvemento web nos ofrecen para levar a cabo os nosos proxectos persoais ou empresariais.

Información: http://encontros.ousli.org/contents/view/58

Programa: http://encontros.ousli.org/contents/view/57

Inscrición: http://encontros.ousli.org/participants/add




I Xornadas de Programación Web con Software Libre
escrito por Toni Martínez Carballo   
I Xornadas de Preogramación web con Software LibreDende Ousli queremos anunciar as nosas primeiras Xornadas sobre "Programación Web en Software Libre". Cremos que a importancia que segue a gañar a Web é un punto moi importante a ter en conta.

As I Xornadas de Programación Web están orientadas a programadores que se están iniciando ou que teñen coñecementos e que queren asentalos vendo novas tecnoloxías empregadas polas grandes empresas do sector por exemplo google, yahoo ou microsoft.

Estas xornadas vanse impartir na Aula Magna do edificio politécnico da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense. Os días elixidos son os venres (27 de abril, 4 de maio e 11 de maio) para que a xente que estea interesada poda vir e que as empresas galegas non teñan problemas de asistencia por motivos laborais.

Ler máis...
 
Full Circle, revista oficial da comunidade de Ubuntu
escrito por Enrique Estévez Fernández   

ImageA comunidade de Ubuntu acaba de lanzar a primeira edición da súa revista oficial, Full Circle , que por suposto é libre, gratuita e descargable.

Full Circle ("Círculo Completo") é editada polos membros da comunidade de Ubuntu, unidos no esforzo de producir contidos orixinais sobre temas de tecnoloxía, Open Source, e por suposto, Ubuntu. A súa idea é conseguir suficiente apoio como para publicar un novo número tódolos meses, así que xa están chamando a voluntarios para o próximo.

Full Circle Nº 0 inclue a historia completa de Ubuntu, dende Warty asta Feisty; pero o seu contido principal é repasar todo o que nos espera coa Ubuntu 7.04 Este primeiro número non ten moito contido (apenas 15 páxinas).

Descarga | Revista Full Circle

 
Ubuntu 7.10 - Gutsy Gibbon
escrito por Enrique Estévez Fernández   

ImageCon Ubuntu 7.04 "Feisty Fawn" a volta da esquina, Mark Shuttleworth presentou con esta mensaxe a súa sucesora: Gutsy Gibbon será o nome da próxima Ubuntu 7.10 que estará dispoñible nalgún momento do próximo mes de Outubro. E anque as características definitivas desta nova versión decidiranse na reunión do equipo técnico de Ubunto que levará a cabo na UDS de Sevilla (a Ubuntu Developer Summit ou cumio de desarrolladores de Ubuntu) que terá lugar do 5 ao 11 de Maio, Shuttleworth sí adiantou algunhas das novas características de Gutsy Gibbon:

  • Ubuntu 7.10 estará dispoñible tamén nunha versión "ultra-ortodoxa", sen firmware, drivers, gráficos, sons nin aplicacións que non sexan completamente gratuitas e libres. Esta nova versión todavía non ten nome, pero será desenvolta xunto coa xente de gNewSense e a FSF.

  • Compiz/Beryl podería chegar a estar presente en Gutsy Gibbon se as súas tecnoloxías proban selo suficientemente maduras e estables no momento que sexan avaliadas polo comité técnico de Ubuntu.

  • A versión para o servidor de Ubuntu 7.10 traerá importantes melloras na súa administración integrada e o deployment.

O calendario completo de lanzamentos de Gutsy Gibbon tamen xa está dispoñible: a primeira Alfa sairá polo 7 de Xuño, a versión Beta o 27 de Setembro (unha semana despois do lanzamento de GNOME 2.20), a RC para o 11 de Outubro e a versión final unha semana despois: 18 de Outubro.

 
Guadalinex 4, lista para descargar
escrito por Enrique Estévez Fernández   

ImageXa está dispoñible para descarga a nova versión estable, a 4, do sistema operativo Guadalinex, auspiciado pola Xunta de Andalucía.

Basada na distribución Ubuntu Edgy, está dispoñible tanto en versión para instalar como en LiveCD, de maneira que poidas probala antes de dicidir se instalala ou non.

Sitio Oficial e descarga | Guadalinex 4

 

 
Material e conclusións das Xornadas GNU/Linux en caixanova
escrito por Toni Martínez Carballo   

Este venres, 13 de Abril, estivemos toda a mañá no centro de FP caixanova da cidade de Ourense facendo as "I Xornadas de GNU/Linux", nas que se tocarontanto temas introductorios como temas máis técnicos.

Dende Ousli temos que agradecer o gran trato recibido polos docentes do centro que en todo momento estiveron atentos con nós e os seus alumnos, que agradeceron a OUSLI a realizción das xornadas e o material entregado nas mesmas.

Material das xornadas

Tamén temos que agradecer a xente de Compostela Wireless por cedernos, no XGN, unha boa chea do libro "Documentos pra unha informática real" para que puidéramos entregar e a mancomun polo resto do material. 

O material das xornadas pode ser descargado dende a zoa de descargas habilitada para as xornadas:

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Resultados 103 - 108 de 140
© 2008 OUSLI - Ourense Software Libre
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.