|
escrito por Toni Martínez Carballo
|
|
Durante os días 5, 6 e 7 de Abril celebraranse en ORdes as V Xornadas de GNU/Linux que como cada ano celebra Inestable durante estas fechas. As Xornadas teñen un programa do máis interesante, no que Ousli aportará o seu gran de area ás estupendas Xornadas. Se che parece de interes ¡apúntate! a través do formulario que atoparas neste enlace . A inscripción son uns simbólicos 5 Euros ¿¿¿¿A que agardas pra facelo????

O programa das xornadas é:
|
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por Beatriz Montero Fernández
|
|
Caixas sen abrir contendo PCs a estrear ben poden valer para pousar enriba unha fermosa maceta lucindo unha frondosa pranta. Beleza? Esa é a utilidade dalgúns dos novos PCs que se lle enviaron a varios centros de ensino galegos de primaria e secundaria. Queremos mellorar o ratio PCs/alumno, queremos que inclúan Sw Libre, queremos meter de cheo ao ensino galego na Sociedade do Coñecemento e para iso redistribúense milleiros de PCs con arranque dual. Isto, ao contrario do que poida semellar, está a xerar máis problemas ca solucións. Representantes do profesorado e GUGLs (Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos) mantivemos unha xuntanza onte á tarde co persoal do SIEGA (Sistema de Información da Educación Galega) no edifico da Xunta en San Caetano, Santiago. A concordancia nas conclusións foi unánime. É preciso: - Esixir a legalición do parque informático onde a pirataría ou o dobre pagamento de licenzas está á orde do dia.
- Dispor de máis persoal técnico no SIEGA. Menos de dúas dúcias de persoas para atender ao cada dia máis numeroso parque informático dos 2000 centros de ensino alén dos complexos sistemas dos servizos centrais é absolutamente insuficiente.
- Formar ao profesorado nas novas tecnoloxías con moita máis intensidade e calidade, especialmente en Sw Libre e maila filosofía é ética que éste impulsa.
- Crear a figura dos PTIC1 nos centros de ensino para que o resto dos docentes só teñan que preocuparse de exercer a docencia axudados por aplicacións e sistemas informáticos funcionais e eficaces.
- En definitiva, crear e orzamentar un Plan Estratéxico para o ensino galego, consensuado coas partes implicadas, que dé solucións eficaces á morea de atrancos que agora padece.
|
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por Keko
|
|
Case todos coñecemos phpmyadmin, unha aplicación web para administrar as nosas bases de datos en MySQL. Neste caso tratase de phpPgAdmin, o mesmo pero para PostgreSQL. Non todo o mundo traballa con MySQL, polo que esta ferramenta vaille vir moi ben a aqueles que empreguen esta base de datos.
Entre as características que ofrece atopamonos coa posibilidade de administrar varios servidores, soporte a múltiples versións de PostgreSQL, administración de usuarios, grupos, bases de datos, esquemas, etc..., manipulación sinxela de datos, exportar os datos a diferentes formatos, importar sentencias SQL e moito máis.
Enlace | phpPgAdmin |
|
|
escrito por Keko
|
|
Recen saída do forno atopase OpenOffice.org 2.2, a nova versión da suite ofimática libre.
Un dos cambios máis notables que se atoparán os usuarios é a mellora na calidade das fontes en pantalla, xa que se activou por defecto o kerning, unha técnica que mellora a apariencia das fontes proporcionais nas que non tódalas letras teñen o mesmo tamaño. Tamén hai cambios nas aplicacións individuais. No Calc mellorase o soporte de arquivos de Excel ó engadirense as táboas de pivote e funcións trigonométricas especializadas. En Base mellorouse a edición de consultas SQL e engadiuse compatibilidade con novas bases de datos como Oracle a través de ODBC. E para os usuarios de Mac, reduciuse o tamaño da descarga e da instalación, anque probablemente moitos prefiran NeoOffice que se integra moito máis no ordenador. Os usuarios de Vista verán tamén algunhas melloras na integración co sistema operativo. Máis información | Nota de prensa. Enlace | OpenOffice 2.2.
|
|
|
escrito por Toni Martínez Carballo
|
|
O día 13 de Abril durante toda a maña, Ousli organiza no Centro de FP de Caixanova da provicia de Ourense a "I Xornada de GNU/Linux" coa que pretende achegar o software libre ós alumnos do centro.
Esta xornada serán realizada polos estudantes dos módulos de Explotación de Sistemas Informáticos e Administración de sistemas informáticos, deste centro Caixanova. As charlas impartidas serán as seguintes: ¿Que é OUSLI? Breve introducción sobre que é OUSLI, onde se atopa e como se pode contactar. Iniciativa Galega polo Software Libre. Introducción sobre a iniciativa de mancomun.org e as principais políticas da Consellería de Innovación en temas de Software Libre. Achegando o mundo de GNU/Linux ¿Que é software libre? e o seu estado actual. Breve repaso ós distintos Sistemas Operativos. Como un pode iniciarse neste campo a partir de diferentes distribucións e live-CDs. Diferentes entornos de escritorio existentes na actualidade. Uso de aplicación gráficas habituais, como poden ser programas ofimáticos, reproductores de música... Instalación e configuración de servidores web. Instalación de un servidor Apache para internet e diferentes tipos de configuracións e opcións que este nos ofrece.
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 109 - 114 de 137 |