|
escrito por Beatriz Montero Fernández
|
|
Igalia, unha empresa galega especializada no desenvolvemento de solucións informáticas baseadas no software libre, presentou dous recursos na delegación provincial da Xunta por considerarse prexudicada e excuída nun concurso público para adquisión de licenzas do portal corporativo para a Intranet e Web do Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Sanidade cun presuposto base de licitación de seiscentos cincuenta e tres mil cento corenta euros (653.140,00 €). Os recursos lembran que facer "referencia explícita a marcas e tipos de software" -neste caso, a software privativo- vulnera a Lei de Contratos das Administracións Públicas e que segundo un informe do Tribunal de Contas en marzo pasado recolle que "as decisións sobre uso de software que impliquen custos para a administración deben xustificarse amplamente" precisando que "non é admisíbel legalmente a adopción implícita de decisións sobre a instalación de determinado software que supoñen a asunción de gastos millonarios para o Estado sen as debidas formalidades e garantías". |
|
|
escrito por macada
|
Preto duns 145 million de traballos feitos en internet teñen licenza Creative Commons que representa un 30%. O organismo de Creative Commons publica estos datos estadísticos co proposito de estimar canta xente esta a usares as suas licenzas. Unha das ventaxas das licenzas CC é a facilidade de facer referenza os seus documentos anteriores, xa que alguen modifica ou engade algo a unha creación, ten que facer referencia de onde provén o documento. De este xeito e sinxelo detectar URL orixinal do documento. Yahoo e Google teñen mecanismos para saber de onde provén un documento mirando os "links back". |
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por vifito
|
|
O uso do navegador Firefox creceu do 15,6 ao 23,9% nos últimos doce meses, mentras que a utilización do Explorer pasou do 82 ao 73,7%. Outlook, de Microsoft, baixou nun ano do 47,9 ao 40,6%, pero mantén a distancia co seu competidor máis inmediato, Thunderbird. Estes son os datos da enquisa realizada pola Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC). As conclusións son claras. Estase a ir polo bo camiño pero inda existe moito descoñecemento por parte dos usuarios finais e queda moito traballo de enxeñería social por facer. Fonte: Baquía |
|
|
escrito por vifito
|
|
Lendo Menéame atopo a seguinte nova: A Fundación Eclipse anunciou tres novas ramas que extenden a plataforma Eclipse para empregala con Ajax e linguaxes dinámicos. Os tres proxectos inclúen Eclipse Rich Ajax Platform (RAP), the Eclipse Ajax Toolkit Framework (ATF) e the Eclipse Dynamic Language Toolkit (DLTK). Estos proxectos proporcionan tecnoloxía innovadora baseada en Eclipse para ser empregada por desenvolvedores de Ajax e de linguaxes dinámicos coma Python, Ruby e Tcl. |
|
|
escrito por macada
|
 Este proxecto estase a levarse a cabo polo Ministerio de Educación rexional de Arxentina nos colexios de Chubut, que é unha zoa ó sur do país. Con esta iniciativa queren levar a sociedade de información a todolos ricon do país O software a utilizares é a distribución de GNU/Linux conocida como Gentoo, versión standard sin parches nin agregados específicos Pódese descargares unha guía de instalación do proxecto nesta ligazón
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 127 - 132 de 140 |