|
escrito por Toni Martínez Carballo
|
|
[Nota enviada por Diego de GULO] O próximo Xoves 8 de Marzo ás 17:30 terá lugar no salón de Actos do Edificio Politécnico do campus de Ourense a charla: "Plan9 : Máis ala de UNIX" Ponente: Orlando García Feal (GULO) Nivel: Medio Esta charla inscríbese no marco dos Coloquios Abertos, co cal os asistentes que acudan á mesma, poden trocar as horas de asistencia á ditas charlas por créditos de libre elección (da Universidade de Vigo). Saúdos, Diego |
|
|
escrito por Toni Martínez Carballo
|
|
Despois de varios meses de traballo por fin chega o día no que se inaugura a web de OUSLI (Ourense e Software Libre), nestes meses constituíuse a asociación formada por un grupo de xente con moita motivación por facer cousas polo Software Libre, principalmente en tarefas de difusión, aínda que tamén noutros moitos proxectos que xa iredes vendo. Dende OUSLI, invitamos a todos a que sigades apostando polo Software Libre e se non é o caso pois que comecedes, e por suposto, contade coa nosa axuda. Podedes ler máis sobre ousli aquí. |
|
|
escrito por vifito
|
|
Esta é unha primeira versión dunha extensión de Firefox para monitorizar os valores da sesión PHP. Coa extensión instalada pódese ver os valores das variables de sesión mentras se desenvolve un traballo en PHP. A extensión fíxose empregando greasemonkey co cal é posible, si se dispón da extensión greasemonkey, instalar o script de usuario no lugar da extensión. É preciso ter no raíz do servidor un script (PHP neste caso) ao que poder interrogar. Para instalalo so é preciso instalar a extension e subir ao raíz do servidor o script view-session.php Ao traballar en local (localhost) apareceranos un pequeno DIV na parte superior que nos permitirá consultar os valores da sesión. Archivo zip , inclúe: script PHP, extensión xpi e o script greasemonkey. Máis información. |
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por Toni Martínez Carballo
|
|
Este xoves 1 de marzo terá lugar, en Ourense, unha charla sobre "Instalación e Configuración dun Servidor FreeBSD". A charla será impartida no Salón de Actos do Edificio Politécnico do Campus de Ourense e o poñente será Diego Pérez Montes, socio de GULO . |
|
|
escrito por Marta
|
|
O alcalde de Zaragoza presentou hoxe o proceso de modernización dos ordenadores do Concello nos que se implantará Software Libre, ó que supora un aforro anual de cerca dun millón de euros ó ano. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 139 - 144 de 144 |