|
escrito por keko
|
 A través do blog de David Galán enteramonos da nova da publicación/presentación da Guía do estudiante OpenSolaris CE. Como di na páxina do proxecto a Guia do estudiante está redactada polos membros da comunidade OpenSolarisHispano, e ten unha licenza aberta permitindo realizar obras derivadas para que poida crecer e ser mellorada pola comunidade. Os contidos actuais son: - Instalación de Indiana
- Arranque e parada (SMF)
- Xestion de discos
- Xestion de procesos
- Xestion de usuarios
- Virtualizacion
- BrandZ
- xVM
- Almacenamento ZFS
- Kernel /proc
- DTrace
Descarga en versión PDF . Descarga en versión OpenDocument .
|
|
|
escrito por keko
|
|
A ONG francesa GNU/Linux Matters, pequena asociación sen fines de lucro, cuyo principal proxecto ata agora era o sitio web GetGNULinux.org acaba de sacar un comunicado de prensa no que anuncian un plan para atraer un 1 millón de usuarios de Windows a Linux mediante a web. No seguinte enlace pode descargar o comunicado de prensa en castelán.
Vendo a súa páxina, destaca que non teñan traducción ao galego, esperemos que a realicen pronto e que a xente se anime a colaborar con eles. Outra boa iniciativa para dar a coñecer o software libre. Páxina oficial: GNU/Linux Matter .
Páxina da comunidade hispana . |
|
|
escrito por keko
|
|
Unha forma de compartir o mesmo teclado e raton entre varios pc´s con diferentes sistemas operativos mediante software pódese conseguir empregando este programa.
Synergy é un programa open source e está licenciado baixo a GNU Public License (GPL) . Un exemplo típico de utilización sería a compartición do teclado e o ratón do noso ordenador de sobremesa co portatil. No equipo no que está conectado o teclado e o ratón lanzamos o programa servidor (neste caso o pc) e nos outros o cliente (neste caso o portatil) e xa podemos traballar cun so raton e teclado para as dúas máquinas. É necesario que as máquinas estean conectadas en rede, xa que o programa traballa a traves do protocolo TCP/IP. Cabe destacar que o programa non encrypta a información que viaxa a traves da rede co que so se debería empregar en redes seguras. Para obter máis información, entra na páxina do programa en sourceforge. |
|
|
escrito por keko
|
|
Tras 6 meses de traballo por parte da comunidade de WordPress, lanzase a versión 2.5. Para máis información sobre o lanzamento e a aplicación, visitar o bloge do cms.
Na wikipedia: WordPress é un sistema de xestión educativo enfocado á creación de blogs. Está desarrollado en PHP e MySQL, baixo a licenza GPL. O seu fundador é Matt Mullenweg e iste CMS é o máis popular da blogosfera. Ten unha gran comunidade de desarrolladores e diseñadores, que se encargan de crear plugins e themes para todo o mundo. Máis información na wikipedia . Descarga da nova versión: enlace . |
|
|
escrito por macada
|
|
Ousli ten o pracer de anunciar a nova versión dun dos proxectos máis importantes no mundo do Software Libre, a versión 2.4 do OpenOffice.
Cada vez son máis os países, organismos, institucións públicas, centros de ensinanza, universidades, colexios, etc que utilizan as vantaxas de esta aplicación. E tanto é a forza que ten este proxecto que Sun Microsystems anunciou que donará varios millóns de dólares a seguires co desenrolo de este proxecto que parece que non teñe límites. Pódese descargar esta nova versión de OpenOffice dende o novo mirror de Ousli: Linux x86: OOo_2.4.0_Intel Linux deb: OOo_2.4.0_Intel_deb Solaris sparc:OOo_2.4.0_SolarisSparc Solaris x86: OOo_2.4.0_Solarisx86 Outras plataformas en mirror.ousli.org Un resumo das features máis novedosas de este proxecto son: Xeral |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 19 - 24 de 137 |