|
escrito por keko
|
O Centro de Formación de openXpertya en Asturias (España) convoca aos interesados as Xornadas de Consultoría Funcional de openXpertya incluindo a nova versión 2.3, que terán lugar en Gijón os días 24, 25, 26, 27 e 28 de Marzo de 2.008. Os asistentes poden chegar a tarde do domingo (a mañana do luns xa é hábil a primeira hora) e marchar a mañá do xoves, ou prolongar coas Xornadas Técnicas de Parametrización que empezan o día 27 e finalizan o venres 28 de Marzo.
O evento vai dirixido a aquelas empresas ou profesionais do sector que: - Queiran iniciar a súa capacitación para poder convertirse en socios de openXpertya e certificarse para comezar a brindar servicios sobre o producto.
- Queiran obter unha visión profunda e detallada da funcionalidade do producto para implementalo na súa propia organizacion e nas mellores condicións custe/beneficio ou nun proxecto de terceiros.
As xornadas levaranse a cabo no Hotel Quinta Duro ubicado en Cabueñas, na cidade de Gigón, en horario de 9 a 21 horas. Para recibir tódolos detallas sobre a formación non dubiden en porse en contacto co equipo de formación en
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
. |
|
|
escrito por keko
|
|
O Acid3 Test é un sistema que permite saber se un navegador implementa e renderiza totalmente as especificacións dos estándares web redactados polo W3C.
En diversas páxinas de internet a xente está facendo probas e pódedes comprobar como polo de agora Internet Explorer 8 non cumpre cos estándares como anuncian eles e ademais o navegador que máis se acerca ou que está máis preto de conseguilo segue sendo firefox na súa nova versión 3 que está en fase beta. Ahi vos quedan unha serie de páxinas nas que pódedes comprobar os resultados que están a dar estes test realizados por blogers de prestixio. aNieto2k - Probando Internet Explorer 8 beta 1, Probando Opera 9.50b, consumo de memoria
Un lugar en el mundo... - Explorer 8 Vs Firefox 3 Backbase - Performance is Everything Enlace ao test Acid3 , proba o teu navegador.
|
|
|
escrito por macada
|
A esperada versión 7.0 do sistema operativo FreeBSD está a disposición de todo Internet. Según falan os criticos esta nova versión de FreeBSD é un 15% millor que o millor kernel na actualidade, o 2.6.24 e un 350% millor que o anterior FreeBSD 6.X. FreeBSD é proxecto, nado na universidade californiana de Berkeley, de facer un sistema operativo libre. A licencia de este sistema é compatible coa GPL da FSF. Algunhas das novas características do novo FreeBSD son: - Optimización da arquitectura SMP.
- Mellora en sistemas de ficheiros: zfs, gjournal, unionfs e xfs.
- Soporte para TSO e LRO en drivers de rede.
- Soporte a SCTP (Stream Control Transmission Protocol).
- Mellora no soporte de wireless (802.11).
- Importado - lagg(4) - de OpenBSD.
- Mellora na plataforma ARM.
- X.Org 7.3, KDE 3.5.8, GNOME 2.20.2.
- GNU C compiler 4.2.1.
- BIND 9.4.2.
Release notes: relnotes Downloads: |
|
|
escrito por macada
|
|
A ultima versión de Moodle viu a luz esta semán depois dun largo período de depuracións, probas, test e postas a punto obtendo deste xeito a que é unha das aplicacións de e-learning máis completas.
Entre as novedades máis importantes, están: - Novo xeito de faceres calificacións, moito máis flexible, puidéndose utilizar como unha folla de cálculo.
- Sistema de competencias: permite relacionar obxetivos de aprendizaxe a cursos, ou a actividades dentro de cursos.
- Novo sistema de etiquetas que permite conectar usuarios e distintos tipos de elementos dentro de Moodle, ou con recursos externos, p. e. imaxes en Flickr ou videos de YouTube.
Moodle News: Moodle 1.9 is now available! Moodle Docs: Release Notes |
|
|
escrito por keko
|
|
Esta nova xa fai uns días que se produciu e non é outra que a recente creación de ASOLIF, a Asociación Nacional de Empresas de Software Libre Federadas. A iniciativa partiu das asociacións empresariais de Software Libre de Canarias, Cataluña e Euskadi; ESLIC , CatPL e ESLE respectivamente, para crear unha Federación (Confederación) de asociacións empresariais de Software Libre que reuna a aquelas asociacións empresariais que teñan dentro dos seus obxectivos ou na súa estratexia a difusión, promoción do uso do Software Libre. Con esta iniciativa pretendese crear unha entidade de maior visibilidade e que se poida convertir nun interlocutor "moi válido" e nunha voz que sexa escoitada para que o sector nacional de empresarios de software libre cada vez teña máis forza. Dende o primeiro momento contaron co apoio do CENATIC (Centro Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación basadas en Fontes Abertas). O CENATIC é unha fundación pública promovida polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que comezou a súa andaina o 20 de novembro de 2006, data na que se constituiu o seu Patronato fundacional. Tratase do único proxecto estratéxico de carácter nacional para impulsar o coñecemento e uso do software de fontes abertas , estando aberto á participación administracións públicas, empresas, universidades, grupos de I+D+i e usuarios e desarrolladores deste tipo de tecnoloxías. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 37 - 42 de 137 |