OUSLI - Ourense Software Libre

FEDORA 9

II Concurso Universitario de Software Libre

II Concurso Universitario de Software Libre

Formulario de acceso






Recuperar a chave?

Sindicación

Enquisa

¿Cal é a razon pola que non migras a GNU/Linux?
 

Calendario

May 2008 June 2008
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 18 1 2 3 4
Week 19 5 6 7 8 9 10 11
Week 20 12 13 14 15 16 17 18
Week 21 19 20 21 22 23 24 25
Week 22 26 27 28 29 30 31

Próximos Eventos

  • 1er dia - II Xornadas de programación Web en Software Libre
    June 23, 2008 (All Day)
    (Xornadas de Software Libre)
    10:00 - 12:00     Beatriz Montero - Tipos de CMS actuales (Ousli)
    12:00 - 14:00     Enrique Estévez Fernandez - Mediawiki (Ousli)
    16:30 - 18:30     Igalia Typo3
  • 2o dia - II Xornadas de programación Web en Software Libre
    June 24, 2008 (All Day)
    (Xornadas de Software Libre)

    10:00 - 12:00 Alma Fernandez Desarrollo html con herramientas libre

    12:00 - 14:00 Rafael Couto - Sistemas de plantillas web (Galpon)

    16:30 - 18:30 Antonio Martinez - Linguaxes CSS (Ousli)

    18:30 - 20:30 Tomas Vilarinho Fidal...

  • 3er dia - II Xornadas de programación Web en Software Libre
    June 25, 2008 (All Day)
    (Xornadas de Software Libre)

    10:00 - 12:00 Benjami - Meneame como revolucion solcial en la web 2.0 (Meneame.net)

    12:00 - 14:00 Miquel Vidal - Portal de referencia social (Barrapunto.com)

    16:30 - 18:30 Berto - O meneame Galego (Chuza.org)

    18:30 - 20:30 Jo...

  • 4o dia - II Xornadas de programación Web en Software Libre
    June 26, 2008 (All Day)
    (Xornadas de Software Libre)

    10:00 - 12:00 Lito - PHPFileNavigator (Litoweb)

    12:00 - 14:00 Fran Diéguez - Ruby on Rails (Glug)

    16:30 - 18:30 Borja López - Django (Pexego S.L.)

    18:30 - 20:30 Oscar M. Lage - Cakephp (Lucux)


  • 5o dia - II Xornadas de programación Web en Software Libre
    June 27, 2008 (8:00 am - 11:59 pm)
    (Xornadas de Software Libre) 10:00 - 12:00 Dani - Instalacion de un entorno LAMP (Ousli) 12:00 - 14:00 David Martinez - Protocolo HTTP - como funciona la web (Ousli) 16:30 - 20:30 Fran, Borja e Oscar - Batalla de frameworks
View Full Calendar

Eu .gal

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Mancomun.org

Image
Inicio

II Xornadas de Programación Web con Software Libre

II Xornadas de Programación Web con Software Libre Este ano voltamos a realizar as xornadas web e para elo queremos contar coa túa opinión. Decide ti o programa, os ponentes, horarios, duración, temática, prezo ... axúdanos a facer unhas xornadas as que che gustaría asistir. Pincha no enlace e deixa a túa proposta.

O tempo corre en contra de todos, dalle difusión entre os teus compañeiros e fagamos unhas moi boas xornadas. Ti decides!!!

Visita: http://encontros.ousli.org

 
 
Joomla Day en España
escrito por macada   
Non hai imaxe ningunha O próximo 19 de Abril a Universidade Carlos III de Madrid vistirase de gala para acoller o seguinte evento do CMS Joomla. Estes eventos na comunidade Joomla son chamados o "Joomla Day" e teñen moita chamada dentro da ampla comunidade do Software Libre.
 
Esta comunidade de Joomla estase a comberter nunha das comunidades FreeSoftware máis importantes na actualidade na que xa conta en España con 20.000 usuarios en España e casi 300.000 membros en todo o mundo. O crecemiento da comunidad é imparable (máis de 10.000 novos membros rexistrados ao mes, só en Joomla! ).
 
A organización do evento a través do seu sitio www.joomladay.es, explica toda a información necesaria para poder acudir ao evento. Abriranse as altas online a partir del Lunes 25/02/2008 12:00 hora continental española.
 
The image “http://www.joomladay.es/templates/rt_carbonation/images/logo_joomladay.png” cannot be displayed, because it contains errors.
 
 
 
 
O éxito de Firefox é cada vez máis claro
escrito por macada   

http://www.getfirefox.comO navegador Firefox chegou nestes días ao número de 500 millóns descargas dende o sitio da fundacion Mozilla. Este gran éxito é debido ao cambio que moitísimos usuarios de internet fixeron nas súas computadoras apostando por esta aplicación antes que por outras coma Opera, Konqueror ou o mesmo IE que segue a ocupar o primeiro posto no que ao uso refírese.

Pódese ver nesta ligazón a tremenda progresión q o propio Firefox está a dar.

Dende Ousli non nos queda outra que felicitar a Fundación Mozilla e invitar e aconsellar a todo o mundo que descargue Firefox porque todo son ventaxas.

Descarga Firefox e coñece o verdadeiro internet

 

 
O nulo interes da Xunta de Galicia polo Software Libre
escrito por macada   
O Software Libre estase a empregar cada vez máis, é escollido en moitas ocasións por diante do Software privativo, estase a ver as serias garantías deste por parte dos grandes fabricantes, pero parece que a nosa Administración pública segue sen ver as enormes vantaxes que este ofrece.

Continuamos enchoupándonos de iniciativas, xornadas, cursiños que os Lugs, as asociacións e as colectividades de Galicia nos ofrecen, pero, desgraciadamente, estes esforzos só chegan a uns poucos, por mor de que o xigante Xunta segue sen crer no pobo.

Seguimos a escoitar o prolífico futuro que as administracións andaluza e estremeña terán e cuxos froitos comezan a verse, constituíndo un exemplo a nivel mundial. Xa hai varias administracións públicas de outros países que están a seguires os modelos destas dúas administracións.

Somentes un pobre 15% do total das horas ofertadas dos "cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia", son de Software Libre. Efectivamente, o mesmo Software Libre do que outras administracións están a aproveitar as súas grandes vantaxes, pero que a Xunta de Galicia non quere ver.
 

 

 
Sweet Home 3D
escrito por keko   

ImageSweet Home 3D é unha aplicación para deseño de interiores. Agora decorar unha casa, amueblala, comprobar que o que tes en mente pode kedar ben, é moi faciliño. Con esta intuitiva aplicación, non fará falta ser un experto (ben sexa arquitecto ou decorador) para facer un modelo do deseño que se che ocorra.

A aplicación ten licencia GPL e ademais é multiplataforma (Windows, Mac, Linux, ...) xa que está escrita en Java.

Via | Ubuntu Life  

Máis información |Construmatica

Enlace de descarga |  Sweet Home 3D
 
RadeonHD vs Nouveau - Ati vs Nvidia
escrito por macada   
http://static.blogo.it/ossblog/ati_amd.jpg

Dende fai xa tempo no panorama dos gráficos en GNU/Linux non pinta moi ben dado que os drivers libres das dúas grandes marcas AMD (anteriormente ATI) e nVidia están desfasados e vellos (radeon e nv) e non soportan as novas features das actuais tarxetas gráficas que hai no mercado.

Pero este panorama esta a cambiar xa que tanto AMD como nVidia están a desenvolver novos drivers libres a parte dos seus privativos.http://www.beyond3d.com/images/logo/news/nvidia.png

O proxecto de AMD está levado por Novell e pola comunidade de OpenSuse. Chámase RadeonHD. Este traballo pódese levar acabo xa que AMD liberou parte da especificación dos seus GPUs.

O proxecto de nVidia chámase Nouveau é un proxecto que se está a facer por enxeñería-inversa polo que a súa dificultade é moitísima dado que nVidia non quere liberar nada do seu traballo.

Polo contrario Intel ha feito e segue a faceres o mellor traballo, desenvolvendo os drivers libres gráficos máis competitivos do mercado.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 43 - 48 de 137
© 2008 OUSLI - Ourense Software Libre
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.