|
escrito por macada
|
|
Esta nova vai referida a un caso de exito con Software Libre. Un caso de éxito pode ser unha implantacion dun sistema con Software Libre dando un servicio óptimo ou mesmo unha migración dende unha solución privativa a unha baseada con Software Libre.
Neste caso o "caso de éxito" refírese ao recoñecemento por parte dun tribunal dun concurso a un proxecto baseado en Software Libre (GestorXML) co primeiro premio no Concurso de Proxectos de finde carreira en Expourense, feito este por un membro de Ousli, Toni. Un breve resumo do proxecto sería un gran almacen de documentos (de formato aberto) cun potente buscador. Para que se poida entender, é un google de documentos. As ventaxas do proxecto son moitísimas puidendo gardar ata milleiros de documentos obtendo respostas en décimas de segundo grazas á tecnoloxía XML. Dende Ousli, damoslle a noraboa a Toni polo recoñecido e merecido premio. Web: http://gestorxml.net. Descargate gestoXML en sourceforge. |
|
|
escrito por keko
|
|
O proxecto openXpertya xa dispón da adaptación ao novo Plan Xeral Contable. Tan só 10 días despois da súa publicación (o pasado día 20) no Boletín Oficial do Estado do Real Decreto 1514/2007 do 16 de Novembro polo que se aproba o novo Plan Xeral Contable, de acordo coas novas normas NIC/NIIF, que son de obligatoria implantación a partir do día 1 de Xaneiro do 2.008.
No apartado de descargas está xa dispoñible devandita información, así como o plan de contas, listo para ser cargado nas versións 2.x de openXpertya. |
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por keko
|
|
Debido a uns cambios no servidor de opentrad, a versión 0.1 da un erro na conexión. Asi que publicase a nova versión do firefoxfalagalego actualizada para que non amose un erro na conexión debido ao cambio no servidor de www.opentrad.org.
A versión xa está dispoñible dende o repositorio de addons de Mozilla. |
|
|
escrito por macada
|
|
Como ben é sabido Ubuntu GNU/Linux é a distribución deste sistema operativo máis estentido. Tanto é así que casi todolos fabricantes de hardware fan drivers para esta paltaforma, moitos proxectos lanzan as suas novas releases en este sistema e o futuro é moi prometedor para o usuario Desktop GNU/Linux. Internet esta plagadiño de howtos de como configurar compiz, de como configurar o bluethooth, de como configurar impresoras, de como configurar a wireless, de como configurar a webcam, etc... Poderiamos estar falando horas e horas e horas do moito que abarca este sistema operativo. Agora a xente de Tux enclave veñen de publicar un manual sinxelo de como costumizar Ubuntu ao estilo dun MacOS o de otros moitos estilos.  |
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por Daniel Vázquez Rivera
|
|
Tras uns meses (especialmente as derradeiras semanas) polémicos nas que a OpenDocument Foundation (adicada a promover o estándar de OASIS ODF e colaborar no seu desenvolvemento) anunciara que tras irresolubles conflictos con OASIS respecto ó futuro de ODF abandonaban o seu apoio ó devandito formato, a organización sen ánimo de lucro anunciou este 11 de Novembro, día do San Martiño, que pechaba definitiva e irremisiblemente. A día de hoxe ata o mesmo sitio web da fundación xa non existe.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 55 - 60 de 137 |