|
escrito por Enrique Estévez Fernández
|
|
GreenSQL é un cortafogos de código aberto para bases de datos empregado para protexer as mesmas de ataques de tipo SQL injection.
GreenSQL traballa en modo proxy e construiuse en apoio a MySQL. A lóxica basase na avaliación dos comandos SQL empregando unha matriz de calificación de risco así ben como no bloqueo dos comandos administrativos de bases de datos coñecidos (DROP, CREATE, etc). GreenSQL distribuese baixo a licenza GP, para obter máis información sobre o programa visite a web do proxecto. Na mesma pode atopar un HowTo para a súa instalacion e descargalo dende o seguinte enlace. Ademáis pode probar unha demo do mesmo eiqui . |
|
|
escrito por keko
|
|
Na web de GPUL, vemos o anuncio das súas VIII Xornadas de Software Libre que se celebrarán na Facultade de Informática da Universidade da Coruña.
Dende OuSLi tamen os queremos felicitar porque este ano cumpren o seu décimo aniversario, o que xa di de por si, do moito que este grupo está a facer polo software libre. Bo traballo compañeiros e non desfallecer, sodes un exemplo para tod@s. Para consultar o programa das xornadas, ler a nova na súa propia web. |
|
|
escrito por keko
|
|
O equipo de desarrollo de AbiWord liberou a versión 2.6.2 desta plataforma multi-procesador de textos que se pode usar baixo a licenza GNU General Public License.
Esta nova versión conten varias correcións de erros da versión 2.6.0 (a 2.6.1 non se chegou a liberar publicamente) e inclue algúns cambios e melloras. Pode consutlar máís información no anuncio do lanzamento na web do proxecto. Sitio de descarga : http://www.abisource.com/download/. Web oficial do proxecto: AbiWord . |
|
|
escrito por keko
|
|
O portal de linux FentLinux.com anuncia a publicación da segunda entrega do ano 2008, a novena en total, do seu boletín online de FL , que polo visto é o segundo boletín especial aniversario. Nel celebran tamén o seu cuarto aniversario na rede. Felicidades polo bo traballo realizado !!! Temas do boletin:  - 4º aniversario FentLinux y Fentux;
- CD/DVD arrancable con nuestro grub;
- Mandriva ONE y URPMI;
- Slax desde USB;
- Pidgin;
- Entrevista con adrian15 de SGD;
- Firefox 3 y 2xxx funcionando a la vez;
- Instalación de Molinux;
- Agradecimientos y créditos.
Ler o 9º boletín. |
|
|
escrito por keko
|
|
 O venres 4 de abril, liberaronse as versións 0.8 de Lightning e Sunbird e están dispoñibles para descarga a través de AMO (addons.mozilla.org) e do Calendar Project website. No propio sitio web do calendario din que esperan liberar as versións 1.0 para finais de ano.
Pode ler as notas de publicación de Lightning 0.8 aquí e as de Sunbird 0.8 neste outro enlace . Ambas versións dos proxectos están dispoñibles para Windows, Mac OS X e Linux en 30 idiomas diferentes. Pode descargar ambas versións dende os seguintes enlaces: Máis informacion en Calendar Weblog no anuncio oficial . |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 7 - 12 de 137 |