|
escrito por Beatriz Montero Fernández
|
|
Despois de moitas divagacións, o xigante Google entrará no mundo da telefonía móbil, pero no a través de terminais, se non con unha plataforma software chamada Android cunha licenza Apache 2.0 compatible coa GPL, o que implica que se poderá distribuír libremente. Trátase de un paquete de servizos, que inclúen Google Maps, Gmail ou YouTube entre outros, que permitirá aos usuarios conectarse á Internet a través do móbil. 'Até o de agora o software foi un problema, un colo de botella que impedía que Internet se integrara no mercado de móviles', explicou Andy Rubien, director da plataforma Android. Esta operación rebaixará o precio de moitos terminais, xa que até o de agora as empresas de software cobraban aos fabricantes de teléfonos cando empregaban as súas licenzas. Ademáis, pola súa natureza de código aberto, calquera programador informático poderá crear aplicacións para o seu uso en Android. Samsung, HTC, LG Electronics e Motorola comezarán a distribuír teléfonos equipados con este paquete na segunda metade de 2008 en España será Telefónica a que se encargue de distribuír móbiles con este software. |
|
|
escrito por macada
|
|
Fai moito tempo que a comunidade GNU/Linux demandaba ferramentas para poderes traballar en plataformas multimedia en contornas libres. Pero o panorama trocou moito dende fai un tempo ata agora dado que atopamos moitos proxectos libres que permitenos traballar con audio, video e imaxes co noso sistema operativo GNU/Linux.
Un proxecto interesante que xuntou moitas destas ferramentas e ubuntu studio. Esta distro reune moitas das mais importantes aplicacions multimedia libre para poder crear/editar/distribuir as tuas composicions. Como din eles: "A unica limitacion e a tua imaxinacion". Download iso ubunt ustudio DVD |
|
|
escrito por vifito
|
Por qué usar Open Komodo?
- É de balde
- Está construído utilizando tecnoloxias baseadas na Web e linguaxes dinámicos
- É un produto listo para usar que se adapta a forma de traballar de cada quen
- Está construído por desenvolvedores para desenvolvedores
- É facilmente extensíbel empregando XML, JavaScript e si se quere, Python e/ou C
- Soporte para múltiples linguaxes de programación
- É fácil involucrarse no proxecto tendo un efecto positivo sobre o futuro de Komodo.
O código fonte pódese descargar vía SVN (baixo a miña opinión creo que é o mesmo código que Komodo Edit): svn co http://svn.openkomodo.com/repos/openkomodo/trunk openkomodo
e as instrucións para compilar.
Ligazón coa descarga de Open Komodo:
http://downloads.openkomodo.com/openkomodo/nightly/latest-trunk/
|
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por Daniel Vázquez Rivera
|
|
O grupo de desenvolvemento de Adium , o popular cliente de mensaxería instantánea para Mac OS X, anunciou este domingo no seu blog que a próxima versión 2.0 soportará transmisión de son e vídeo.
Os desenvolvedores manifestaron que, dende o mes de xullo, están a investir un esforzo titánico para acadalo pero todavía non se atreven a dar unha data aproximada de saída da nova versión de Adium. O que si nos ofrecen no seu blog, é un resumo do estado do desenvolvemento ata o de agora e unhas poucas capturas de imaxe da versión de desenvolvemento actual da aplicación.
|
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por Ousli
|
|
Publicado o novo número da revista Full Circle. Este último número faise eco da nova versión de Ubuntu, Gutsy 7.10, con todos os seus contidos baixo licenza Creative Commons. Contido: - Paso a paso Actualización de Feisty > Gutsy
- How-To : Executar plugins de Photoshop en GIMP, Samba e Scribus.
- Top 5 - Xogos de Carreiras.
- Entrevista con John Philips (Open Font Library).
- Cartas, Q&A, My Desktop e moito máis!
Fonte: Ubuntu Life |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 61 - 66 de 137 |