|
escrito por vifito
|
|
" Gleducar, construción cooperativa de coñecementos" é un proxecto que conta cun repositorio de software con fins educativos. “Gleducar é un proxecto educativo, colaborativo e cooperativo que persegue a adecuación das aulas arxentinas ás Novas Tecnoloxías da Comunicación e a Información, producindo un cambio no paradigma da produción, construción e difusión dos contidos educativos.” Todo iso afirmado, facilitado e potenciado polo uso de Software Libre educativo. Este sitio contén unha recompilación de máis de 200 ferramentas que poden ser de axuda no eido educativo. Os aplicativos están documentados e calquera pode contribuír xa que a web é un wiki. |
|
|
escrito por macada
|
|
A través do sitio slideshare, donde podemos atopar numerosas presentacións, a comunidade OpenOffice publicou as novidades da súa nova versión do OpenOffice 2.3. Moitas delas non has coñecíamos pero sempre esta ben ver un resumo das novas características dunha das suites máis importantes no mundo Open Source. Entre as novidades están: - Novo módulo de diagramas
- Maior compatibilidade entre extensións
- Posibilidade de exportar a mediaWiki
- Animación sobre curvas
- Previsualizacion HTML nas creacións Webs
- Soporte de vectores y matrices en Calc
- Novas exportacións en Impress
- ...
Se queres ver a presentacion das novidades tela aquí |
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por macada
|
|
Xa podes pedila túa Ubuntu Gutsy Gibbon. Soamente tes que rexistrarte na web. Podes pedir os CDs destes "sabores" de ubuntu pero hai outros que podes descargar da súa web: Ubuntu Kubuntu Edubuntu Non pidas moitos xa que o mais lóxico é que 100 persoas pidan 5 CDs que non 5 personas pidan 100 CDs. Fai comunidade!
|
|
|
escrito por macada
|
|
Este ano por segunda vez a Universidade de Sevilla lanza o seu concurso de Software Libre tras o éxito do ano pasado e os resultados obtidos nas empresas e nas institucións como unha gran iniciativa.
O principal obxectivo deste ano é o de estimular aos estudiantes universitarios co fin de promover a xeneración de coñecemento en forma de Software Libre que revirta en beneficio de toda a sociedade. OuSLi como membro dos colaboradores do II Concurso Universitario de Software Libre, quere felicitar a Universidade de Sevilla por esta iniciativa. |
|
|
escrito por macada
|
|
Musopen é un proxecto que acolle música que é de dominio publico e, por ter esta caracteristica, pertence á comunidade.
A idea deste proxecto foi de colexios e instituos dos EEUU que despois de grabar as suas propias composicións decidiron grabalas e subilas online para que deste xeito todo o mundo tivera aceso a estas. Podese tamén facer aportacións con música mediante email ou facendo un upload. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 73 - 78 de 140 |