|
escrito por Toni Martínez Carballo
|
|
Visto na web de GALPON : O coordinador xeral do proxecto OpenOffice en Brasil e presidente de BrOffice.org, Claudio F. Filho, ofrecerá o próximo martes 25 de Setembro unha conferencia na Universidade de Vigo para explicar as vantaxes do Software Libre e o emprego de estándares recoñecidos internacionalmente por organizacións independentes e non por compañías privadas como tenta facer Microsoft co seu formato OOXML. Esta compañía foi multada pola Comisión Europea a pagar unha multa de case 500 millóns de euros no 2004 por abusar da súa posición dominante e o Tribunal da Unión Europea rexeitou o recurso de Microsoft esta semana pasada. |
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por Ousli
|
|
Fonte: Mancomun.org
Oscar Hermida vén de facer pública a nova versión da aplicación Traducíndote así como a nova web traducindote.com
Traducíndote permite a tradución de documentos de texto aos diferentes idiomas do estado ademais de ao inglés e ao portugués baseándose na traductor automático Apertium. A nova versión engade a posibilidade de traducir documentos que estean creados no formato pechado .doc de Microsoft. |
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por Toni Martínez Carballo
|
|
Vemos na páxina de GLUG o anuncio das Xornadas Software Libre USC 2007 organizadas por GLUG e AUSLUSC. Como sempre, animamos a todo o mundo que asista porque seguro que se aprenderán moitos conceptos nas xornadas e se pasará un bo momento co software libre.
Web e Información do evento: Do 20 ao 21 de setembro terán lugar as “Xornadas USC 2007” organizadas polo GLUG e AUSLUC no que participan tamén membros doutros grupos galegos coma GULO, AGNIX e tamén o director do proxecto TRISQUEL. Estas terán lugar no Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela. Serán de moito interese para todos aqueles usuarios de GNU/Linux que procuran novos coñecementos, xa que gran parte dos relatorios terán a forma de talleres prácticos. O programa das “Xornadas USC 2007” é o seguinte: |
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por macada
|
|
O merge de dous dos proxectos mais prometedores do software libre xa ten imaxes e creo que segue a estares por por diante dos outros proxectos de acceleración gráfica en canto a desktop refírese. E nesta páxina tamen publicaron un wiki para guiar á comunidade a instalación deste entorno |
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por macada
|
|
OUSLI organiza as Xornadas de Software Libre no Ensino para proporcionar un punto de encontro onde estudiantes, docentes, investigadores e profesionais das TIC tomen contacto e coñezan experiencias educativas con Software Libre en Galicia e no resto de España, co obxectivo principal de impulsar un marco de traballo colaborativo do que todos se podan beneficiar. Van vir poñentes de diferentes comunidades autónomas para explicar os seus proxectos en educación con SL.
As Xornadas celebraranse en duas fines de semana en Outubro para que os docentes poidan asistir sen problema. Mais info
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 79 - 84 de 140 |