|
escrito por macada
|
|
Decidímonos a escribir este post debido a que hai moita xente que sigue a ter problemas no momento de seleccionar a millor distribucion GNU/Linux para o seu ordenador portatil. Moitos son os consellos que se poden dar ou recibir pero imos intentar dar unha idea o mais imparcial posible pero aunque o mais importante de este post son as ligazon q contidas. O mais importante para que un sistema GNU/Linux funcione optimamente sobre un laptop e que o hardware do laptop este totalmente soportado polos modulos da distribucion escollida. Pero ainda que a distribucion soporte todo o noso hardware, encontraremonos que hay modulos que funcionan millor que otros para o mesmo modelo de hardware o para outro similar. |
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por Toni Martínez Carballo
|
|
Recibida información dende GALITE , sobre a PartyFoz 2007. Nela vanse a levar a cabo conferencias e talleres sobre software libre. Invitamos a todo o mundo, dende OUSLI, a que asista e disfrute do envento ;) ----- Mail informativo recibido: Del 16 al 19 de Agosto se celebrará la tercera edición de la PartyFoz en Foz (Lugo) organizada por G.A.L.I.T.E.y el Concello de Foz. Las inscripciones ya están abiertas y el precio de la entrada es de 5 Euros, que se abonarán en el momento de acreditarse, Los premios de los torneos rondan los 500 . Torneos: - Counter Strike Pro Evolucion Soccer 6
- Need for Speed Most Wanted
- Dragon Ball Z Budokai
Charlas e conferencias: - Software Libre/GNU
- Talleres Linux Software Libre
Si tienes algún tipo de duda, pregunta o sugerencia sobre el evento puedes contactar a los siguientes correos electrónicos:
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
partyfoz.
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
Más información: www.galite.org/partyfoz/ |
|
|
escrito por Jose Ramón Méndez Reboredo
|
|
Elive CD é unha distribución de Linux que funciona en computadores i386 que se pode descargar de (http://elivecd.org/). As principais características son a súa rapidez é que está baseada no emprego de Enlighment como sistema de escritorio. Dentro desta distro, podedes encontrar un branch para MacBook que soporta practicamente todolos elementos hardware destos equipos incluindo o mando de control remoto por infraroxos, as teclas para cambiar o volumen, etc. A distribución está enfocada para que sexa sinxela de empregar e ten unha interfaz moi agradable. Na páxina web podedes encontrar multitude de pantallazos e incluso un video demostrativo. Coma sempre, aparece o problema de que a cámara web só é compatible co driver v4l2 (coma a maioría) e hai pouco software para este tipo de cámaras. |
|
|
escrito por macada
|
|
Despois de que GNU puxese a disposición dos usuarios a súa distribución totalmente Libre gNewSense, apareceu unha Ubuntu derivada sen drivers propietarios gráficos, sen complementos como Adobe Flash e algúns compoñentes multimedia. Canonical anunciou a saída de Gobuntu GNU/Linux sendo esta unha distribución para calar os comentarios e as críticas da xente da comunidade GNU.
Segundo Shuttleworth, o obxetivo da derivada Gobuntu é "proporcionar unha limpa e sinxela base para traballar en proxectos como gNewSense." |
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por Toni Martínez Carballo
|
|
O obxectivo deste proxecto é idear e pór a disposición da comunidade unha plataforma de conexión a internet, de banda larga funcionando con software libre e alimentada por enerxías renovábeis.
A Rede non existe ata que non está ao noso alcance. A realidade non é realidade ata que os meus ollos poden achegarme a ela. O noso potencial non vai ir a ningures se non se pode expresar na Rede. Se todo o mundo non chega, non chegou ninguén. Se queremos chegar a onde non chega a rede, temos que facer que as "portas de entrada" sexan quen de adaptarse ao medio, ao que está ao seu alcance en calquera sitio.
Pensamos nunha máquina con conectividade Wan fornecida pola rede UMTS, ou pola rede WiMax, no seu caso. Pensamos nunha máquina que non precise de cabos, nin de datos, nin de electricidade. Unha máquina alimentada polo sol, ou polo vento.
Dispor dunha máquina relativamente potente en "calquera lugar" da un chisco de idea da potencialidade do proxecto: podemos empregar esta máquina para calquera función das que un computador de hoxe en día pode facer. Dende recollida de datos de calquera tipo de sensor electrónico, ata nodo de comunicacións nunha estrutura de rede máis complexa (e que, polo tanto, sae das metas deste proxecto, pero que tamén habería que explorar), no que o Belenus sería o elemento básico. Fonte da nova: agnix . Máis información aquí. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 85 - 90 de 140 |