|
|
escrito por Toni Martínez Carballo
|
|
Felicitacións para Mancomun , que ven de liberar un software para facer buscas sobre corpus lingüisticos, o cal pode servir de axuda para proxectos de tradución de software libre, tanto galegos coma de outras comunidades e países. O software libérase baixo unha licenza GPL e está aberto a calqueira colaboración a travé da forxa na cal está aloxado . O programa foi desenvolvido a parti do Xesterm construído por imaxin|software, a partir do cal mancomun engadiu unha serie e funcionalidades: - Mellora nas opcións de visualización. - Busca por proxectos (corpus). - Lectura de máis formatos de ficheiros de tradución. - Inclúe opcións de accesibilidade. - Corrección de erros arrastrados dende a anterior versión.
|
|
|
escrito por Toni Martínez Carballo
|
 Mancomun.org vén de publicar un documento cunha recompilación de ferramentas para a xestión financeira persoal acompañado dun CD que contén todo o software e documentación precisos para a súa posta en funcionamento. Este é un primeiro documento dunha serie adicada ás ferramentas de xestión empresarial en Software Libre para uso persoal e/ou para a PEME. As aplicacións axudarán na contabilidade persoal a un nivel moi básico, inda que algunhas das ferramentas xa seguen principios de contabilidade. Nun primeiro bloque destácanse as ferramentas que contan con máis funcionalidades quedando no apartado “outras ferramentas” software máis específico (deseño e impresión de facturas, xeración de informes,...). Algunhas das aplicacións que se recollen no documento son: GNUCash, GFP, Grisbi, jGnash, ... Está dispoñible a imaxe de CD (ISO - 438Mb) con todos os programas tratados no documento co fin de que a comunidade poida avaliar o software e poida escoller o que mellor se adapte á súa forma de traballo. Recordar que non se tratan ferramentas de contabilidade “completas” senón simples xestores que permiten levar un control dos gastos e ingresos. Fonte do artigo: mancomun.org |
|
|
escrito por Toni Martínez Carballo
|
|
Durante os días 26 e 29 de Xullo terá lugar en Ourense o GNU Hackers Meeting , organizado por GULO e GNU España . O evento permite a participación aberta a todo ó mundo. O evento será dun perfíl técnio orientado a amosar tecnoloxías de desenvolvemento empregadas diariamente polo proxecto GNU. No evento participarán hackers destacados do proxecto. Cumpre o rexistro na web do evento para toda a xente queira participar, así como existe a posibilidade de enviar propostas de ponencias a través da sección Call for Papers que a web do evento proporciona. Dende OUSLI animamos a tódolos Ourensáns interesados no Software Libre a participar do evento, xa que non tódolos días pódese disfrutar de destacados hackers do proxecto GNU. |
|
|
escrito por Toni Martínez Carballo
|
|
Durante os días 29 e 30 de Xuño, terán lugar en Monforte de LEmos as II Xornadas de Software Libre. Nas Xornadas participará OUSLI dando dúas charlas, polo que agradecemos á organización que pensaran en OUSLI para participar no evento. Animamos a toda a xente que poida a participar sobre todo a xente de Ourense que lle queda relativamente preto Monforte. É outra posibilidade máis de achegarse o software libre. Aquí deixamos ó triptico das xornadas
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 91 - 96 de 140 |