OUSLI - Ourense Software Libre

GET FIREFOX

Download Day

II Concurso Universitario de Software Libre

II Concurso Universitario de Software Libre

Formulario de acceso






Recuperar a chave?

Sindicación

Enquisa

¿Cal é a razon pola que non migras a GNU/Linux?
 

Calendario

July 2008 August 2008
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 27 1 2 3 4 5 6
Week 28 7 8 9 10 11 12 13
Week 29 14 15 16 17 18 19 20
Week 30 21 22 23 24 25 26 27
Week 31 28 29 30 31

Próximos Eventos

There are no upcoming events currently scheduled.
View Full Calendar

Eu .gal

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Mancomun.org

Image
Inicio

II Xornadas de Programación Web con Software Libre

II Xornadas de Programación Web con Software Libre Entre o 23 ao 27 de Xuño Ousli organiza as II Xornadas de Programación Web con Software Libre.

Estas Xornadas, ao igual co ano pasado, están destinadas a amosar todas as posibilidades que as últimas tecnoloxías do mercado en desenvolvemento web nos ofrecen para levar a cabo os nosos proxectos persoais ou empresariais.

Información: http://encontros.ousli.org/contents/view/58

Programa: http://encontros.ousli.org/contents/view/57

Inscrición: http://encontros.ousli.org/participants/add




I Xornadas De Software Libre en Vilalba
escrito por Toni Martínez Carballo   

Juan López, envíanos a nova sobre a celebración das I Xornadas De Software Libre en Vilalba os dias 22 e 23 de xuño.

I Xornadas de Software Libre Vilalba

Máis información: http://www.iespenanovo.com

 
Material das I Xornadas de Programación Web con Software Libre
escrito por vifito   
http://ousli.org/images/stories/xweb.png Xa está dispoñible o material das I Xornadas de Programación Web con Software Libre para todo aquel que o desexe descargar.
 
Dende a web das xornadas pódense ver as distintas presentacións e/ou descargar a documentación en formato PDF de cada un dos relatorios que tiveron lugar.
 
Co fin de mellorar para próximos eventos estamos á escoita de suxestións e opinións de todo o relacionado coas xornadas. Podedes contactar con Ousli dende a sección "contactar " e enviarnos os vosos comentarios.
 
JavaFX Script, linguaxe para desenvolvemento RIA
escrito por vifito   
Sun vén de anunciar JavaFX outra tecnoloxía para xerar Aplicacións Ricas para a Internet (Rich Internet Applications) que supón unha nova alternativa as desenvolvidas en Flash, Ajax ou a recente Silverlight.

A idea é que sexa totalmente multiplataforma, dende o escritorio (executándose sobre unha máquina virtual Java SE) ata nos dispositivos móbiles para os que haberá unha versión JavaFX mobile. Asemade, ao igual que con Apollo, a propuesta é empregar o mesmo linguaxe para a web e para o escritorio. No móbil, JavaFX debería solventar todos os problemas de incompatibilidades entre as distintas implementacións de Java ME (multiplataforma ≠ multiversión).

Ler máis...
 
Unison
escrito por Moncho   

ImageUnison é unha ferramenta de sincronización de arquivos e directorios moi útil para os usuarios que traballan con equipos portátiles e de escritorio. De xeito habitual, contamos con un equipo de escritorio é un equipo portátil no que traballamos coa mesma estructura de directorios e arquivos. Un caso títpico pode ser ter unha estructura de directorios semellante á que se mostra na seguinte táboa

 work 
 |___docencia
 |___investigacion 
 |___OUSLI 
 |___personal
Ler máis...
 
Dell elixe Ubuntu
escrito por Toni Martínez Carballo   

[notica vista en mancomun.org ]

Canonical, empresa responsable de Ubuntu, e o maior fabricante de computadores mundial, Dell, chegaron a un acordo de asociación para que os computadores de Dell conten con Ubuntu preinstalado. O acordo é xa oficial e ofrecerase a versión 7.04 da distribución. Este acordo foi posible despois de que o fabricante abrise a iniciativa IdeaStorm na que comprobou o interese da xente por poder adquirir un computador con GNU/Linux preinstalado.
 
A web de Dell inclúe un vídeo do fundador de Canonical falando de como comezou a súa aventura con Linux.

 

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Resultados 97 - 102 de 140
© 2008 OUSLI - Ourense Software Libre
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.