| Vivindo como desenvolvedor de Software Libre |
|
|
|
| escrito por macada | |
|
Algúns desenvolvedores de Software Libre traballan para empresas que utilizan proxectos de Software Libre, coma Netfilter, squid, librerias para o control de Discos, Sistemas de arquivos e un largo etcétera, pero este traballo é somentes de forma ocasional ou por proxecto ou por fin de obra porque unha vez rematado o traballo non hai unha verdadera continuidade. Moitos dos desenvolvedores de Software Libre o fan "por amor ao arte" Hai outros casos de xente que empezou de este xeito, é dicir, a través dun contrato por proxecto e agora esta a levar este proxecto adiante dentro da empresa. Nesta mesma liña hai desenvolvedores que viven grazas a becas destinadas ao desenrolo do proxecto. Por esta razón moitos dos proxectos de software libre actuaies funcionan dunha forma notable en moitos entornos profesionais pero non o todo ben que deberían funcionar porque o proxecto fáltalle un empurrón importante e este non se pode dar, xa que non hai o tempo suficiente para porse ao 100%. Desafortunadamente hoxe en día é máis barato mercar unha solución comercial que invertir en un desenvolvedor ou en un grupo de desenvolvedores dun proxecto de Software LIbre. Moitos proxectos viven grazas a "tola habilidade dalgúns xenios de correxires bugs en tempo record como sustitutivo de dormir" O máis importante é que moitos de eles teñen familias, teñén que pagar facturas e basicamente teñen que vivir e non teñen todo o tempo que lles gustaria a tapar "ocos" porque como eles din moitas veces son recheos. Estanse a cambiar moitas cousas, dentro e fora da comunidade que fai ver un futuro mellor pero moitas veces é moi dificil facer esta laboura. Esta xente esta moi cansa de estar sen cartos e seguindo a desenrolar software libre. "Algo ten que cambiar, xa!" din eles, que permita seguir traballando nestes proxectos e poder vivir economicamente da súa grande pasión: o Software Libre
|
| < Anterior | Seguinte > |
|---|











