| O nulo interes da Xunta de Galicia polo Software Libre |
|
|
|
| escrito por macada | |
|
O Software Libre estase a empregar cada vez máis, é escollido en moitas ocasións por diante do Software privativo, estase a ver as serias garantías deste por parte dos grandes fabricantes, pero parece que a nosa Administración pública segue sen ver as enormes vantaxes que este ofrece. Continuamos enchoupándonos de iniciativas, xornadas, cursiños que os Lugs, as asociacións e as colectividades de Galicia nos ofrecen, pero, desgraciadamente, estes esforzos só chegan a uns poucos, por mor de que o xigante Xunta segue sen crer no pobo. Seguimos a escoitar o prolífico futuro que as administracións andaluza e estremeña terán e cuxos froitos comezan a verse, constituíndo un exemplo a nivel mundial. Xa hai varias administracións públicas de outros países que están a seguires os modelos destas dúas administracións. Somentes un pobre 15% do total das horas ofertadas dos "cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia", son de Software Libre. Efectivamente, o mesmo Software Libre do que outras administracións están a aproveitar as súas grandes vantaxes, pero que a Xunta de Galicia non quere ver. Fonte: egap.xunta.es
|
| < Anterior | Seguinte > |
|---|












