| ASOLIF, novo avance do software libre en España |
|
|
|
| escrito por keko | |
|
Esta nova xa fai uns días que se produciu e non é outra que a recente creación de ASOLIF, a Asociación Nacional de Empresas de Software Libre Federadas. A iniciativa partiu das asociacións empresariais de Software Libre de Canarias, Cataluña e Euskadi; ESLIC , CatPL e ESLE respectivamente, para crear unha Federación (Confederación) de asociacións empresariais de Software Libre que reuna a aquelas asociacións empresariais que teñan dentro dos seus obxectivos ou na súa estratexia a difusión, promoción do uso do Software Libre. Con esta iniciativa pretendese crear unha entidade de maior visibilidade e que se poida convertir nun interlocutor "moi válido" e nunha voz que sexa escoitada para que o sector nacional de empresarios de software libre cada vez teña máis forza. Dende o primeiro momento contaron co apoio do CENATIC (Centro Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación basadas en Fontes Abertas). O CENATIC é unha fundación pública promovida polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que comezou a súa andaina o 20 de novembro de 2006, data na que se constituiu o seu Patronato fundacional. Tratase do único proxecto estratéxico de carácter nacional para impulsar o coñecemento e uso do software de fontes abertas , estando aberto á participación administracións públicas, empresas, universidades, grupos de I+D+i e usuarios e desarrolladores deste tipo de tecnoloxías. O apoio concrétase en asesoría xurídica para a constitución e rexistro da entidade, ofrecemento de atención telefónica e da sede do CENATIC (na localidade pacense de Almendralexo) como sede fiscal da federación e como sede física para sesións de traballo e reunións da nova asociación e ao mesmo o CENATIC ofrecerá ás empresas socias apoio para a presentación de proxectos en colaboración, e a posibilidade de integrar a representantes nos diferentes grupos de traballo do seu Consello Asesor.As xa mencionadas asociacións empresariais de Canarias, Cataluña e Euskadi hai que engadirlle entre os seus membros a AGASOL , Asociación de Empresas Galegas de Software Libre e a recente constituida SoLiMadrid , Asociación Madrileña de Empresas de Software Libre. Non tardaremos moito en saber de novas asociacións empresariais que se crean noutras comunidades como será o caso de Castilla-León, Andalución e Aragón, entres outras e que se uniran a Asolif. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|













