| Curso Introducción a Ubuntu do CNICE |
|
|
|
| escrito por Keko | |
|
http://formacion.cnice.mec.es/materiales/43/cd/index.htm Cabe destacar unha completísima guía de instalación de Ubuntu, unha completa historia sobre que é Linux e a súa orixe e como non, un pedazo manual de como empregar tódalas aplicacións de OpenOffice. Tamén cabe resaltar o montón de enlaces e referencias a temas importantes do software libre nos que un pode documentarse máis ampliamente. Un curso moi completo, tanto práctico como teórico. Felicitar ao Ministerio de Educación e Ciencia por un gran traballo. Agora o que fai falta e que difundan o emprego de Lunux nos colexios, institutos e universidades. Soamente cabe reprochar, non haber difundido esta noticia nos medios de comunicación. O curso é un Cd de introducción a Ubuntu. O Cd ven cun executable .exe para que se inicie de forma automática dende windows e se o executas baixo Linux so tes que facer dobre click no arquivo index.htm. O curso correra no voso navegador favorito e a traves dos links poderedes acceder aos seus contidos. Mais: Ademais debería estar dispoñible na páxina de descarga de materiais de formación do CNICE, que é esta: http://formacion.cnice.mec.es/ofrecemos/formac_o.php Polo de agora hai moitas isos, pero non a que nos interesa. Seguro que é porque se trata dun curso novo e todavía non o colgaron. O arquivo está tamén na rede Amule/Emule. É completamente legal compartilo, xa que está licenciado como Creative Commons, en concreto, esta: |
| < Anterior |
|---|












O Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa (CNICE) publicou un curso de Introducción a Ubuntu baixo a licenza Creative Commons. O curso é moi completo e perfecto para un primeiro contacto coa distribución Ubuntu e está dispoñible en línea: