| Monografía de Software Libre - Novática |
|
|
|
| escrito por keko | |
|
Concretamente onte chegou o número as nosas mans, xa que nunha das nosas actividades como asociación, este outubro pasado realizamos unhas xornadas de software libre no ensino e contamos coa colaboración deles. Durante as xornadas coñecimos a Rafael Calvo que nos falou en representación de ATI e acordamos manter relacións de colaboración mutua e axudarnos en todo o que nos fora posible. Fruto destes acordos dironnos a posibilidade de publicar un artigo sobre as xornadas o cal poderedes atopar neste número nas seccións técnicas titulado como "Software Libre en la Enseñanza: primeras jornadas organizadas por OuSLi en el ámbito de la educación". Tamén queremos destacar dentro desas seccións outro artigo moi interesante polo tema que aborda e ademais polo gran respeto e cariño que lle collimos ao seu autor, Mario Izquierdo. O artigo leva o título de "TCOS: uso de terminales ligeros en las aulas". Sobre este tema, Mario deu unha conferencia nas nosas xornadas de ensino e deixou a tódolos presentes abraiados. Pódedes comprobalo no seguinte streaming da súa conferencia que está aloxado na páxina web da tv.uvigo. Un abrazo crack de tódolos da asociación. Dentro da monografía de software libre adicada a investigación e desarrollo atoparades os seguintes artigos:
Dende aqui queremos dar as grazas a Novatica e a ATI, cos cales esperamos poder colaborar en máis eventos. E grazas polos números que nos enviastes, todo un detallazo.
|
| < Anterior | Seguinte > |
|---|













