OUSLI - Ourense Software Libre

III Concurso Universitario de Software Libre

Logo III Concurso Universitario de Software Libre

Formulario de acceso






Recuperar a chave?

Sindicación

Enquisa

¿Cal é a razon pola que non migras a GNU/Linux?
 

Calendario

September 2008 October 2008
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 36 1 2 3 4 5 6 7
Week 37 8 9 10 11 12 13 14
Week 38 15 16 17 18 19 20 21
Week 39 22 23 24 25 26 27 28
Week 40 29 30

Próximos Eventos

There are no upcoming events currently scheduled.
View Full Calendar

Eu .gal

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Mancomun.org

Image
Inicio arrow Novas arrow Últimas arrow Monografía de Software Libre - Novática
Monografía de Software Libre - Novática PDF Imprimir Correo-e
escrito por keko   

ImageA revista Novática , no seu número 190, novembro-decembro de 2007 acaba de publicar unha monografía de Software Libre adicada a investigación e desarrollo.

Concretamente onte chegou o número as nosas mans, xa que nunha das nosas actividades como asociación, este outubro pasado realizamos unhas xornadas de software libre no ensino e contamos coa colaboración deles. Durante as xornadas coñecimos a Rafael Calvo que nos falou en representación de ATI e acordamos manter relacións de colaboración mutua e axudarnos en todo o que nos fora posible. Fruto destes acordos dironnos a posibilidade de publicar un artigo sobre as xornadas o cal poderedes atopar neste número nas seccións técnicas titulado como "Software Libre en la Enseñanza: primeras jornadas organizadas por OuSLi en el ámbito de la educación".

Tamén queremos destacar dentro desas seccións outro artigo moi interesante polo tema que aborda e ademais polo gran respeto e cariño que lle collimos ao seu autor, Mario Izquierdo. O artigo leva o título de "TCOS: uso de terminales ligeros en las aulas". Sobre este tema, Mario deu unha conferencia nas nosas xornadas de ensino e deixou a tódolos presentes abraiados. Pódedes comprobalo no seguinte streaming da súa conferencia que está aloxado na páxina web da tv.uvigo. Un abrazo crack de tódolos da asociación.

Dentro da monografía de software libre adicada a investigación e desarrollo atoparades os seguintes artigos:

  • Presentación: Software Libre: Innovación científica e tecnolóxica
  • A necesidade de investigar sobre Software Libre en Europa
  • Da catedral ao bazar: un estudio empírico do ciclo de vida dos proxectos basados en comunidades de voluntarios
  • Os bens de consumo como nova economía e o que esto significa para a investigación
  • Software Libre para a xestión de proxectos de investigación
  • Innovación tecnolóxica en comunicación móbiles desarrollada con Software Libre: Campus Ubicuo
  • O modelo da Oficina de Software Libre da Universidade de Cádiz na universidade española
  • Aprendendo a introducir unha innovación nun proxecto basado en Software Libre
  • Optimización do proceso de render 3D distribuido con Software Libre

Dende aqui queremos dar as grazas a Novatica e a ATI, cos cales esperamos poder colaborar en máis eventos. E grazas polos números que nos enviastes, todo un detallazo.

ImageNovática , é unha revista fundada en 1975 e decana da prensa informática española. É o órgano oficial de expresión e formación continua de ATI (Asociación de Técnicos Informática), organización que edita tamén a revista REICIS (Revista Española de Innovación, Calidade e Enxeñería do Software). Novática tamén edita UPGRADE, revista dixital de CEPIS (Council of European Professional Informatics Societies), en lingua inglesa, e é membro fundador de UPENET (UPGRADE European NETwork).

 
< Anterior   Seguinte >
© 2008 OUSLI - Ourense Software Libre
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.