| Document Freedom Day - ODF |
|
|
|
| escrito por macada | |
|
O día 26 de Marzo é o "Document Freedom Day" e Ousli, como asociación orientada ao Software Libre, á liberdade de comunicación, á liberdade de formatos, á liberdade de coñecemento, á liberdade de eleción, quere compartir ese día convosco, coa comunidade. Ousli leva falado moito de estándares abertos, de formatos libres porque creemos que é máis importante a liberdade de usar formato aberto e libre que usares un sistema operativo ou outro. A comunidade, a sociedade e o coñecemento das persoas non debería estar preso a nada, xa que esa liberdade de eleción e a que nos fai críticos e o que fai andar e evolucionar a comunidade, e en definitiva as persoas. Para promocionar este día e o uso dos estándares abertos nos documentos creouse a web http://documentfreedom.org/ Pódese participares de moitos xeitos, visita a web e axúdanos a promover o standar ODF.
|
| < Anterior | Seguinte > |
|---|













