| Estatutos |
|
|
|
| escrito por Toni Martínez Carballo | |
|
Páxina 2 de 7 CAPÍTULO I DA ASOCIACIÓN EN XERAL Artigo 1º.- 1.- Constitúese unha asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. A asociación ten a seguinte denominación “ASOCIACIÓN CULTURAL OURENSANA DE SOFTWARE LIBRE" (OSLI). 2.- A asociación rexerase polos ditos estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable. Artigo 2º.- O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de Ourense, correo electrónico Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver Artigo 3º.- A asociación, en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial de comunidade autónoma. Artigo 4º.- 1.-A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente. 2.- A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico. Artigo 5º.- 1.- Son fins principais da asociación:
2.- Para levar a cabo os seus fins, poderá a asociación organiza-las seguintes actividades:
Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo. |










Estatutos 

