| Estatutos |
|
|
|
| escrito por Toni Martínez Carballo | |
|
Páxina 3 de 7 CAPÍTULO II DOS ASOCIADOS Artigo 6º.- 1- Poderán ser integrantes da asociación tódas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e que reúnan os seguintes requisitos: a.- Ter interese no desenvolvemento dos fins da Asociación. b.- Aboar, se fose o caso, unha cuota de socio. 2.-Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida. Artigo 7º.- Dentro da asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados: a.- Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional. b.- Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional. c.- Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación. Artigo 8º.- 1.-A condición de asociado pérdese: a.- Por observar mala conducta ou perxudicar gravemente os intereses da asociación. b.- Por vontade propia, comunicado por escrito a xunta directiva. c.- Por falta de pago das cotas. d.- Por expediente disciplinario. e.- Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica. 2.-A expulsión de asociados e asociadas nos supostos dos apartados a.-, c.- e d.- do parágrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria. Artigo 9º.- Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos: 1.Participar nas actividades da asociación, exerce-lo dereito de voto, así como asistir á Asemblea xeral, de acordo cos estatutos. 2.Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, so seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade. 3.Beneficiarse de tódalas avantaxes que a asociación poida proporcionar. 4.Facer suxestións ós membros da xunta directiva en orde a mellorar o cumprimento dos fins da asociación. Artigo 10º.- Son obrigas dos asociados e asociadas:
Artigo 11º.- Os socios de honra terán as mesmas obrigas que os socios fundadores e de número, exceptuando o pagamento de cotas. |










Estatutos 

