OUSLI - Ourense Software Libre

GET FIREFOX

Download Day

II Concurso Universitario de Software Libre

II Concurso Universitario de Software Libre

Formulario de acceso






Recuperar a chave?

Sindicación

Enquisa

¿Cal é a razon pola que non migras a GNU/Linux?
 

Calendario

July 2008 August 2008
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 27 1 2 3 4 5 6
Week 28 7 8 9 10 11 12 13
Week 29 14 15 16 17 18 19 20
Week 30 21 22 23 24 25 26 27
Week 31 28 29 30 31

Próximos Eventos

There are no upcoming events currently scheduled.
View Full Calendar

Eu .gal

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Mancomun.org

Image
Inicio arrow Estatutos
Estatutos PDF Imprimir Correo-e
escrito por Toni Martínez Carballo   
índice de artigos
Estatutos
CAPÍTULO I - DA ASOCIACIÓN EN XERAL
CAPÍTULO II - DOS ASOCIADOS
CAPÍTULO III - DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
CAPÍTULO IV - RÉXIME ECONÓMICO
CAPÍTULO V - DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
CAPÍTULO VI - MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
CAPÍTULO III
DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN

Artigo 12º.- A dirección e administración da asociación serán exercidas polo presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

Artigo 13º.-
1.- O presidente da asociación será designado pola Asemblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durará… anos. Será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

2.- O presidente terá as seguintes atribucións:

  • a)Representa-la asociación perante calquera organismo público ou privado.
  • b)Convocar e presidi-las sesións que celebre a Xunta Directiva; presidi-las sesións da Asemblea Xeral; dirixi-las deliberacións dunha e outra, e decidir con voto de calidade, no caso de empate.
  • c)Executa-los acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
  • d)Ordena-los pagamentos acordados validamente.
  • e)Asina-las actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación xunto co secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.

Artigo 14º.-
1.- A Xunta Directiva estará formada polo presidente da asociación, un vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e tres vocais (4), todos eles deberán ser asociados, maiores de idade e con plenas facultades psicolóxicas.

2.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación.

3.- A Asemblea Xeral será a competente para elixi-los cargos da Xunta Directiva. A súa duración será por un período de 2 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.

4.- Os cargos cesarán na súa función por:

  • a) facelemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
  • b) renuncia voluntaria.
  • c) transcurso do prazo para o que foron elixidos.
  • d) acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por 2/3 dos asociados reunidos en Asamblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto.

A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor.

As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, serán cubertas provisoriamente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral. En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán as funcións de presidente, secretario e tesoureiro.

Artigo 15º.- A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:

  1. Programar e dirixi-las actividades asociativas.
  2. Leva-la xestión administrativa e económica da asociación.
  3. Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
  4. Convocar e fixa-la data da Asemblea Xeral.
  5. Propoñerlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.
  6. Designa-las comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación.
  7. Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral.
  8. Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.
  9. Propoñe-lo plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
  10. Resolve-los procedementos disciplinarios que se instrúan.
  11. Aquelas que non veñan atribuídas expresamente á outro órgano da asociación.

Artigo 16º.-
1.- A Xunta Directiva será convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes.

2.- Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en todo caso, do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.

O secretario ou, no seu defecto, o vocal que o substitúa, levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.

Artigo 17º.- A Xunta Directiva reunirase con carácter ordinario unha vez cada trimestre e con carácter extraordinario cantas veces o determine o Presidente/a ou a petición de tres dos seus nembros.
A convocatoria realizarase como mínimo con dous días de antelación mediante correo electrónico na que se recollerá a orden do día. No caso de ausencia inxustificada de calquera membro da Xunta Directiva por tres veces consecutivas procederase á súa destitución.

Artigo 18º.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

Artigo 19º.- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por tódolos integrantes desta. O presidente e o secretario da asemblea serán o presidente e o secretario da Xunta Directiva.

Artigo 20º.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó presidente, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

Artigo 21º.- A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no período que vai desde o mes de Enero ata o de Marzo. Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva.
A notificación farase a través das listas correo, web e foros da asociación.

Na convocatoria han de aparecer o lugar, data e hora da xuntanza así como a orde do día con expresión concreta dos temas a tratar e os anexos que procedan. Tamén ha de sinalarse a hora da segunda convocatoria que como mínimo terá que separarse media hora da primeira convocatoria.

Artigo 22º.- Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:

  1. Aproba-lo plan de actividades.
  2. Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior.
  3. Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
  4. Exame e aprobación das cotas en caso de que existan.
  5. Aprobar o Regulamento do réxime interno da asociación.
  6. Decidir sobre a aplicación concreta dos fondos disponibles.

Artigo 23º.- Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:

  1. Modifica-los estatutos da asociación.
  2. Elixir e cesa-los integrantes da Xunta Directiva.
  3. Aproba-la federación con outras asociacións.
  4. Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
  5. Acorda-la disolución da asociación.
  6. Designa-los/as liquidadores/as.
  7. Ratifica-la expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
  8. Solicita-la declaración de utilidade pública da asociación.
  9. As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agarda-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación.
  10. Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou a Xunta Directiva.

Artigo 24º.- A Asemblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.

Artigo 25º.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados do 1 ó 7 do artigo 23º, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ó libro de actas e asinarao o/a presidente/a, o/a secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.

Artigo 26º.- Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes.

As sesións abriranse cando así o determine o presidente. Seguidamente  procederase por parte do secretario á lectura da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente, o secretario procederá a presenta-la orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.

Artigo 27º.- Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.

Artigo 28º.-
1. O secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle, así mesmo, notifica-las convocatorias, custodia-las actas e expedir certificacións destas co visto e prace do presidente. O secretario tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto.

2. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará entre os vocais a un que desenvolva esta función.

Artigo 29º.-
1. O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.

2. O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da asociación nos quince días anteriores á celebración da asemblea ordinaria.

Artigo 30º.- Os vocais terán as seguintes atribucións:
1.Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
2.Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.


 
© 2008 OUSLI - Ourense Software Libre
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.