|
escrito por Toni Martínez Carballo
|
|
Páxina 5 de 7 CAPÍTULO IV RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 31º.- A asociación no momento de inicia-las súas actividades dispón dun patrimonio de 0 euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.
Artigo 32º.- A asociación funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de presuposto será elaborado polo tesoureiro da asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.
Artigo 33º.- A asociación manterase dos seguintes recursos:
- As cotas periódicas dos/as asociados/as.
- As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asemblea.
- As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
- Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
- As achegas voluntarias que se considerarán como préstamos, xenxuros, reintegrables nos termos que se pacten.
- Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 34º.- A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atende-las necesidades da asociación.
Artigo 35º.- Anualmente, con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.
Artigo 36º.- Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura conxunta do presidente e do tesoureiro.
Artigo 37º.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola asociación.
Artigo 38º.- A Asociación é unha entidade sen ánimo de lucro. Os posibles beneficios obtidos como consecuencia das súas actividades económicas, incluídas as prestacións de servicios, deberán destinarse, exclusivamente, ó cumprimento dos seus fins.
|