|
II Xornadas de Software Libre no FP Caixanova |
|
|
|
|
escrito por Toni Martínez Carballo
|
|
OUSLI, de novo, volve a organizar este ano a Xornada de Software Libre no FP de Caixanova en Ourense. Esta xornada ten como finalidade a formación no eido das novas tecnoloxías no software libre e a difusión do mesmo. As Xornadas realízanse grazas a colaboración do centro de FP Caixanova, celebrándose no mesmo, a mañá do 11 de Abril. Nas xornadas colaborará Mancomun mediante a realización de dúas charlas sobre traducción de software e aplicacións libres para a PEME. O programa das xornadas é o seguinte: 8:30 - Wiki: Uso de ferramentas colaborativas a través de web. Descrición: Tralo auxe da web 2.0, cada vez son máis empregadas as ferramentas colaboritvas, exemplo delo é a wikipedia. Na charla amosarase o proceso de instalación, configuración e uso dun sistema wiki. Poñente: Enrique Estévez Fernández. 9:30 – Seguridade en GNU/Linux Descripción: A seguridade é un punto clave da informática e que ten unha especial relevancia e actividade no mundo de GNU/Linux. Na charla exporase distintas técnicas para garantir a seguridade en sistemas empregando software libre. Poñente: David Martínez Carballo.
11:30 - Tradución de software libre ó galego. Descrición: Unha das ventaxas do software libre é a posibilidade de personalizalo e adaptalo as distintas culturas e idiomas. Durante a charla ensinarase a traducir software libre ó galego a través de casos prácticos. Poñente: Manuel Varela. 12:10 - Filtrado de correo SPAM Descrición: Na charla exporanse distintas técnicas de filtrado de correo SPAM, e amosarase o funcionamiento dos protocolos SMTP, POP e IMAP. Poñente: Jose Ramon Méndez Reboredo. 13:20 - Ferramientas de Software Libre para a PEME. Descrición: Mancomun lanzou o CD “Ferramentas informáticas para a PEME”, no cal se recopila software libre enfocado a PEME. Na charla presentarase o CD e faranse demos sobre o mesmo. Poñente: Manuel Varela.
14:00 - Achegando o mundo de GNU/Linux Descripción: ¿Que é o software libre? e o seu estado actual. Como alguén pode iniciarse neste campo a partir de diferentes distribucións e live-CDs. Diferentes entornos de escritorio existentes na actualidade. Uso de aplicación gráficas habituais, como poden ser programas ofimáticos, reproductores de música... Poñente: Antonio Martínez Carballo. As xornadas están abertas a calqueira que queira achegarse polo centro situado en Finca Sevilla Nº2, o lado de espourense.
|