| Firefox 2.0 xa está dispoñíbel en Galego |
|
|
|
| escrito por Beatriz Montero Fernández | |
|
Despois de tres de meses do seu lanzamento internacional, a versión 2.0 do Firefox xa está dispoñíbel en galego. O máis salientábel é que foi o resultado do esforzo colaborativo de voluntarios galegos, que baixo o amparo de Mancomun.org -a iniciativa galega a prol do software libre- traballaron en liña a través da aplicación Etrans. A publicación onte da versión en galego do Firefox, ven a ser unha proba máis das vantaxes dos programas abertos frente aos propietarios, o veloz crecemento de novas funcionalidades e a introdución no eido das novas tecnoloxías das linguas minoritarias. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|











