| Colabora, por unha versión en Galego da Ubuntu |
|
|
|
| escrito por Beatriz Montero Fernández | |
|
Felipe Gil Castiñeira, a través de AGNIX.org , anuncia que se acaba de abrir a tradución de Ubuntu Feisty (7.04) e que será publicada en abril (probablemente o día 19): https://launchpad.net/ubuntu/feisty/+lang/gl Felipe solicita, especialmente aos usuarios de Ubuntu, a colaboración na detección das traducións erróneas, de xeito que se podan modificar antes de que se conxelen as cadeas para a versión definitiva. Podedes informar dos erros que detectedes en Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver O aviso orixinal está aquí.Aqueles que teñan actualizada a súa Ubuntu á versión beta de Feisty, poden probar as traducións diarias engadindo a liña: deb http://people.ubuntu.com/~pitti/langpacks/daily/feisty/ ./no seu /etc/apt/sources.list |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|











