| OpenOffice 2.2, nova versión da suite ofimática |
|
|
|
| escrito por Keko | |
|
Un dos cambios máis notables que se atoparán os usuarios é a mellora na calidade das fontes en pantalla, xa que se activou por defecto o kerning, unha técnica que mellora a apariencia das fontes proporcionais nas que non tódalas letras teñen o mesmo tamaño. Tamén hai cambios nas aplicacións individuais. No Calc mellorase o soporte de arquivos de Excel ó engadirense as táboas de pivote e funcións trigonométricas especializadas. En Base mellorouse a edición de consultas SQL e engadiuse compatibilidade con novas bases de datos como Oracle a través de ODBC. E para os usuarios de Mac, reduciuse o tamaño da descarga e da instalación, anque probablemente moitos prefiran NeoOffice que se integra moito máis no ordenador. Os usuarios de Vista verán tamén algunhas melloras na integración co sistema operativo. Máis información | Nota de prensa. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|














Recen saída do forno atopase OpenOffice.org 2.2, a nova versión da suite ofimática libre.