OUSLI - Ourense Software Libre

GET FIREFOX

Download Day

II Concurso Universitario de Software Libre

Formulario de acceso

Recuperar a chave?

Sindicación

Enquisa

¿Cal é a razon pola que non migras a GNU/Linux?
 
Calendario

July 2008 August 2008
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 27 1 2 3 4 5 6
Week 28 7 8 9 10 11 12 13
Week 29 14 15 16 17 18 19 20
Week 30 21 22 23 24 25 26 27
Week 31 28 29 30 31

Próximos Eventos

There are no upcoming events currently scheduled.
View Full Calendar

Eu .gal

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Mancomun.org

Image
Inicio

II Xornadas de Programación Web con Software Libre

II Xornadas de Programación Web con Software Libre Entre o 23 ao 27 de Xuño Ousli organiza as II Xornadas de Programación Web con Software Libre.

Estas Xornadas, ao igual co ano pasado, están destinadas a amosar todas as posibilidades que as últimas tecnoloxías do mercado en desenvolvemento web nos ofrecen para levar a cabo os nosos proxectos persoais ou empresariais.

Información: http://encontros.ousli.org/contents/view/58

Programa: http://encontros.ousli.org/contents/view/57

Inscrición: http://encontros.ousli.org/participants/add

Testos con prantas enriba dos PC's da Consellería de Eduación PDF Imprimir Correo-e
escrito por Beatriz Montero Fernández   
Caixas sen abrir contendo PCs a estrear ben poden valer para pousar enriba unha fermosa maceta lucindo unha frondosa pranta. Beleza? Esa é a utilidade dalgúns dos novos PCs que se lle enviaron a varios centros de ensino galegos de primaria e secundaria.

Queremos mellorar o ratio PCs/alumno, queremos que inclúan Sw Libre, queremos meter de cheo ao ensino galego na Sociedade do Coñecemento e para iso redistribúense milleiros de PCs con arranque dual. Isto, ao contrario do que poida semellar, está a xerar máis problemas ca solucións.

Representantes do profesorado e GUGLs (Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos) mantivemos unha xuntanza onte á tarde co persoal do SIEGA (Sistema de Información da Educación Galega) no edifico da Xunta en San Caetano, Santiago.

A concordancia nas conclusións foi unánime. É preciso:

  • Esixir a legalición do parque informático onde a pirataría ou o dobre pagamento de licenzas está á orde do dia.
  • Dispor de máis persoal técnico no SIEGA. Menos de dúas dúcias de persoas para atender ao cada dia máis numeroso parque informático dos 2000 centros de ensino alén dos complexos sistemas dos servizos centrais é absolutamente insuficiente.
  • Formar ao profesorado nas novas tecnoloxías con moita máis intensidade e calidade, especialmente en Sw Libre e maila filosofía é ética que éste impulsa.
  • Crear a figura dos PTIC1 nos centros de ensino para que o resto dos docentes só teñan que preocuparse de exercer a docencia axudados por aplicacións e sistemas informáticos funcionais e eficaces.
  • En definitiva, crear e orzamentar un Plan Estratéxico para o ensino galego, consensuado coas partes implicadas, que dé solucións eficaces á morea de atrancos que agora padece.

Reunión GUGLs+SIEGA+Profesorado

A longa reunión (máis de tres horas) foi preparada con varias semanas de antelación e contou coa activa participación do profesorado á hora de elaborar unha análise base. Ademais serviu para coñecer a problemática diaria que sufre o ensino desde os estamentos centrais ata o que acontece nos centros educativos.

Agora quérese informar directamente á conselleira de Educación, para correxir todas as incongruencias que agora padece o noso ensino, facendo partícipes aos axentes implicados, planificando e orzamentando medidas que poñan ao ensino galego nas mellores condicións porque del depende o noso futuro.

1 PTIC, Profesorado de Informática encargado da implantación das TIC nos centros de ensino.

< Anterior   Seguinte >
© 2008 OUSLI - Ourense Software Libre
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.