| I Xornadas de Programación Web con Software Libre |
|
|
|
| escrito por Toni Martínez Carballo | |
Dende Ousli queremos anunciar as nosas primeiras Xornadas sobre "Programación Web en Software Libre". Cremos que a importancia que segue a gañar a Web é un punto moi importante a ter en conta. As I Xornadas de Programación Web están orientadas a programadores que se están iniciando ou que teñen coñecementos e que queren asentalos vendo novas tecnoloxías empregadas polas grandes empresas do sector por exemplo google, yahoo ou microsoft. Estas xornadas vanse impartir na Aula Magna do edificio politécnico da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense. Os días elixidos son os venres (27 de abril, 4 de maio e 11 de maio) para que a xente que estea interesada poda vir e que as empresas galegas non teñan problemas de asistencia por motivos laborais. O programa das Xornadas é o seguinte:
As xornadas están abertas para calquera que queira asistir. Para todo aquel que teña interese no material será preciso inscribirse na web das Xornadas. Nela poderá atopar toda a información que precise: http://encontros.ousli.org Non dubides en contactar con nós se precisas máis información: mail: Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver http://encontros.ousli.org/ |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|












Dende