| Unison |
|
|
|
| escrito por Moncho | |||||||||||
|
Unison permite que cando os dous equipos implicados están en rede, se poida facer unha sincronización. A sincronización é bidireccional de tal xeito que se se realiza unha eliminación dun arquivo nun equipo e de outro noutro equipo o resultado da sincronización é a eliminación dos dous. O único que resulta necesario nos dous equipos que se queren sincronizar e a existencia da ferramenta unison na mesma versión. Unha vez feito esto simplemente hai que construir un perfil de Unison. Un perfil de Unison é un arquivo con extensión ".prf" que se creará no directorio "~/.unison". Por exemplo o arquivo moncho.prf que terá o seguinte contido: root = /home/mi_usuario/work Este perfil indica que os dous directorios indicados como "root" sincronizaranse. O segundo deles e un directorio remoto ó que se accederá mediante un canal de datos ssh. As opcións "auto" e "batch" indican que non se farán pregunta algunha a hora de sincronizar. A opción "prefer" é útil so a primera vez que se sincronizan os roots. Esta opción indica que en caso de dúvida a copia local ten os datos máis recentes. Finalmente, a opción "times" indica que se terá en conta a información da data de modificación dos arquivos. O resultado da sincronización é perfecto. |
|||||||||||
| < Anterior |
|---|












