| JavaFX Script, linguaxe para desenvolvemento RIA |
|
|
|
| escrito por vifito | |
|
Sun vén de anunciar JavaFX outra tecnoloxía para xerar Aplicacións Ricas para a Internet (Rich Internet Applications) que supón unha nova alternativa as desenvolvidas en Flash, Ajax ou a recente Silverlight. A idea é que sexa totalmente multiplataforma, dende o escritorio (executándose sobre unha máquina virtual Java SE) ata nos dispositivos móbiles para os que haberá unha versión JavaFX mobile. Asemade, ao igual que con Apollo, a propuesta é empregar o mesmo linguaxe para a web e para o escritorio. No móbil, JavaFX debería solventar todos os problemas de incompatibilidades entre as distintas implementacións de Java ME (multiplataforma ≠ multiversión). Un exemplo da linguaxe Java FX Script: import javafx.ui.*; Unha tecnoloxía para as RIA que sexa libre podería ser a máis fácilmente aceptable por unha compañía que ten moito peso nesto da web... e que non é outra que Google, imaxinade a seguinte operación GWT + Java FX. Java FX Script liberarase baixo licenza GPL como se pode ver na páxina de sun, inda que é posible traballar coa versión aberta OpenJFX. Esta versión está orientada para o traballo da comunidade na tecnoloxía no que será a definitiva Java FX. Para máis información en profundidade cumpre ler o wiki no que se pode ter acceso a exemplos, tutoriais, ... Referencias: » http://www.sun.com/software/javafx/ |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|











