| Firefox 3 con soporte para aplicacións offline |
|
|
|
| escrito por vifito | |
|
Firefox 3 (alpha 5) vén con soporte SQLite para almacén fora de liña (offline storage). As últimas tendencias en aplicacións web veñen da man de Google e o seu novo proxecto Google Gears. A partires de agora van comezar aparecer as aplicacións web fora de liña, co cal poderemos traballar nunha aplicación web sen precisar estar conectados e unha vez esteamos en liña sincronizar os nosos datos co servidor. Gran Paradiso Alpha 5 é a última versión que está dispoñible para probas que está baseado no motor Gecko 1.9. Esta versión incorpora novas características de cara a obter unha mellora na experiencia do usuario, entre elas melloras de cara ao soporte offline. Dende a web de Mozilla non se recomenda o uso deste navegador xa que está orientado para as probas de desenvolvedores de aplicacións web. Analizando as liñas de traballo do navegador Firefox 3 pódese observar que as novas características que incorpora van nesa liña:
Máis información na web de desenvolvedores de Mozilla (MDC).
O desenvolvemento web parece que inda ten carrete para largo, e todo grazas o Software Libre e a comunidade (en especial a Mozilla e Google neste caso). |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|











