| Ousli libera FirefoxFalaGalego, un complemento para o navegador de Mozilla |
|
|
|
| escrito por OUSLI | |
|
O complemento FirefoxFalaGalego permite a tradución en liña dun texto do castelán ao galego, para realizar a tradución emprégase o servizo Opentrad. Pódese instalar dende a páxina de complementos para o navegador firefox. Para utilizar o complemento so fai falla seleccionar un texto en castelán e premer as teclas ALT + G. Despois de esperar a resposta por parte do servizo Opentrad, amosarase nun div a tradución do texto seleccionado. Neste pequeno popup aparece a opción de copiar ao portapapeis ou pechar o popup. OLLO: Para que o código que copia o texto traducido no portapeis funcione é preciso facer unha modificación na configuración do Firefox que nos permita ter os privilexios suficientes para levar a cabo a copia. Introducindo na barra de direccións do firefox o seguinte: about:config aparecerán as distintas opcións de configuración do navegador. Procuramos o valor: signed.applets.codebase_principal_support e modificamos o seu valor a verdadeiro (true). Esta opción non compromete o noso navegador se non que cando se vaia a realizar unha determinada acción que conleve determinados privilexios aparecerá unha ventá solicitándonos o permiso para acometela. No caso da copia ao portapapeis é preciso xa que é unha operación que non se debería levar a cabo sen o noso consentimento. Xa estamos a traballar na nova interface na que se poderá escoller a dirección da tradución (castelán-galego ou galego-castelán), esta é unha mostra da nova apariencia: ![]() Se tes algunha suxestión estaremos encantados de escoitala. vifito[at]ousli[dot]org |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|














