OUSLI - Ourense Software Libre

III Concurso Universitario de Software Libre

Logo III Concurso Universitario de Software Libre

Formulario de acceso






Recuperar a chave?

Sindicación

Enquisa

¿Cal é a razon pola que non migras a GNU/Linux?
 

Calendario

September 2008 October 2008
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 36 1 2 3 4 5 6 7
Week 37 8 9 10 11 12 13 14
Week 38 15 16 17 18 19 20 21
Week 39 22 23 24 25 26 27 28
Week 40 29 30

Próximos Eventos

There are no upcoming events currently scheduled.
View Full Calendar

Eu .gal

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Mancomun.org

Image
Inicio arrow Novas arrow Aplicacións arrow Ousli libera FirefoxFalaGalego, un complemento para o navegador de Mozilla
Ousli libera FirefoxFalaGalego, un complemento para o navegador de Mozilla PDF Imprimir Correo-e
escrito por OUSLI   

http://ousli.org/images/stories/firefoxfalagalego.png

O complemento FirefoxFalaGalego permite a tradución en liña dun texto do castelán ao galego, para realizar a tradución emprégase o servizo Opentrad. Pódese instalar dende a páxina de complementos para o navegador firefox. 

Para utilizar o complemento so fai falla seleccionar un texto en castelán e premer as teclas ALT + G. Despois de esperar a resposta por parte do servizo Opentrad, amosarase nun div a tradución do texto seleccionado. Neste pequeno popup aparece a opción de copiar ao portapapeis ou pechar o popup.

http://ousli.org/images//captura-fffg.png


OLLO: Para que o código que copia o texto traducido no portapeis funcione é preciso facer unha modificación na configuración do Firefox que nos permita ter os privilexios suficientes para levar a cabo a copia. Introducindo na barra de direccións do firefox o seguinte: about:config
aparecerán as distintas opcións de configuración do navegador. Procuramos o valor:
signed.applets.codebase_principal_support
e modificamos o seu valor a verdadeiro (true).

Esta opción non compromete o noso navegador se non que cando se vaia a realizar unha determinada acción que conleve determinados privilexios aparecerá unha ventá solicitándonos o permiso para acometela. No caso da copia ao portapapeis é preciso xa que é unha operación que non se debería levar a cabo sen o noso consentimento.
 
Xa estamos a traballar na nova interface na que se poderá escoller a dirección da tradución (castelán-galego ou galego-castelán), esta é unha mostra da nova apariencia:
http://ousli.org/images//nova-interface.png

Se tes algunha suxestión estaremos encantados de escoitala. vifito[at]ousli[dot]org
 
< Anterior   Seguinte >
© 2008 OUSLI - Ourense Software Libre
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.