| Claudio F. Filho exporá as vantaxes do Software Libre e os estándares abertos na Universidade Vigo |
|
|
|
| escrito por Toni Martínez Carballo | |
|
Visto na web de GALPON : O coordinador xeral do proxecto OpenOffice en Brasil e presidente de BrOffice.org, Claudio F. Filho, ofrecerá o próximo martes 25 de Setembro unha conferencia na Universidade de Vigo para explicar as vantaxes do Software Libre e o emprego de estándares recoñecidos internacionalmente por organizacións independentes e non por compañías privadas como tenta facer Microsoft co seu formato OOXML. Esta compañía foi multada pola Comisión Europea a pagar unha multa de case 500 millóns de euros no 2004 por abusar da súa posición dominante e o Tribunal da Unión Europea rexeitou o recurso de Microsoft esta semana pasada. Ademais, a proposta do formato OOXML como estándar internacional presentada por esta compañía foi rexeitada polo organismo internacional ISO/IEC despois de observar comportamentos irregulares en varios comités. Os datos da conferencia:
Este evento está organizado por GALPon e conta coa colaboración da propia Universidade de Vigo, a E.T.S.E. de Telecomunicacións e a asociación AGNIX. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|











