| Soft libre e formatos abertos nos Institutos de O Porriño e Nigrán. |
|
|
|
| escrito por Toni Martínez Carballo | |
|
Máis relatorios de Claudio F. Filho en Galiza neste mes. ¡Aprobeita e disfruta dalgún!. Visto en AGNIX : A semana que ven AGNIX desenvolverá nos centros de educación secundaria do Porriño e de Nigrán relatorios dirixidos a concienciar ao alumnado e tamén aos mestres, da importancia do Software libre e do emprego de formatos abertos de arquivos. En concreto o martes día 25 estaremos no Concello do Porriño, ás 10:15 no Instituto Ribeira do Louro e ás 12:30 no Instituto Pino Manso. Ao día seguinte será o Instituto Val Miñor o que visitaremos ás 10:15 horas e o Instituto do Probal ás 12:30. Os relatorios serán desenvolvidos por... Claudio F. Filho, creador e impulsor do BrOffice e socio de AGNIX, quen despois da súa participación na OpenCon 2007 de Barcelona onde falará da súa experiencia e dos traballos desenvolvidos en BrOffice, visitaranos durante uns días. A súa estadía en Galicia aproveitarémola para que ademais de achegarnos a súas experiencias e traballos de xeito directo, poidamos sentar as bases para o establecemento dunha canle permanente de colaboración entre as comunidades brasileira e galega, Un traballo colaborativo que poida ser exemplo mesmo doutro tipo de relación entre pobos, e como dúas comunidades tan distantes poden, aproveitando as novas tecnoloxías, a internet o software libre e unha língua semellante, afianzar as súas relacións e o seu mútuo coñecemento. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|











