OUSLI - Ourense Software Libre

GET FIREFOX

Download Day

II Concurso Universitario de Software Libre

II Concurso Universitario de Software Libre

Formulario de acceso






Recuperar a chave?

Sindicación

Enquisa

¿Cal é a razon pola que non migras a GNU/Linux?
 

Calendario

July 2008 August 2008
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 27 1 2 3 4 5 6
Week 28 7 8 9 10 11 12 13
Week 29 14 15 16 17 18 19 20
Week 30 21 22 23 24 25 26 27
Week 31 28 29 30 31

Próximos Eventos

There are no upcoming events currently scheduled.
View Full Calendar

Eu .gal

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Mancomun.org

Image
Inicio

II Xornadas de Programación Web con Software Libre

II Xornadas de Programación Web con Software Libre Entre o 23 ao 27 de Xuño Ousli organiza as II Xornadas de Programación Web con Software Libre.

Estas Xornadas, ao igual co ano pasado, están destinadas a amosar todas as posibilidades que as últimas tecnoloxías do mercado en desenvolvemento web nos ofrecen para levar a cabo os nosos proxectos persoais ou empresariais.

Información: http://encontros.ousli.org/contents/view/58

Programa: http://encontros.ousli.org/contents/view/57

Inscrición: http://encontros.ousli.org/participants/add




ActiveState libera o código do IDE Komodo, OpenKomodo PDF Imprimir Correo-e
escrito por vifito   
http://ousli.org/images/stories/openkomodo-header-logo.gif Open Komodo alpha1 está dispoñible para desenvolvedores xunto co código fonte do proxecto dende a web:
http://www.openkomodo.com

Por qué usar Open Komodo?
  • É de balde
  • Está construído utilizando tecnoloxias baseadas na Web e linguaxes dinámicos
  • É un produto listo para usar que se adapta a forma de traballar de cada quen
  • Está construído por desenvolvedores para desenvolvedores
  • É facilmente extensíbel empregando XML, JavaScript e si se quere, Python e/ou C
  • Soporte para múltiples linguaxes de programación
  • É fácil involucrarse no proxecto tendo un efecto positivo sobre o futuro de Komodo.

O código fonte pódese descargar vía SVN (baixo a miña opinión creo que é o mesmo código que Komodo Edit):
svn co http://svn.openkomodo.com/repos/openkomodo/trunk openkomodo
e as instrucións para compilar.


Ligazón coa descarga de Open Komodo:
http://downloads.openkomodo.com/openkomodo/nightly/latest-trunk/


Con esta iniciativa, que pretende motivar aos desenvolvedores, o seguinte paso de ActiveState é desenvolver unha ferramenta similar a OpenKomodo pero dende o lado cliente integrada no navegador Firefox. Este novo proxecto, chamado Komodo Snapdragon, estará baseado en Open Komodo e usará o código base de Mozilla e as características do editor Scintilla, CSS, XML, Ajax e JavaScript. Unha das características planificadas é incorporar soporte para depurar Javascript (seguramente integrando Firebug) cos outros engadidos ata chegar a ser un IDE completo.
 
< Anterior   Seguinte >
© 2008 OUSLI - Ourense Software Libre
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.