| Google entra na telefonía móbil da man do Software Libre |
|
|
|
| escrito por Beatriz Montero Fernández | |
|
Despois de moitas divagacións, o xigante Google entrará no mundo da telefonía móbil, pero no a través de terminais, se non con unha plataforma software chamada Android cunha licenza Apache 2.0 compatible coa GPL, o que implica que se poderá distribuír libremente. Trátase de un paquete de servizos, que inclúen Google Maps, Gmail ou YouTube entre outros, que permitirá aos usuarios conectarse á Internet a través do móbil. 'Até o de agora o software foi un problema, un colo de botella que impedía que Internet se integrara no mercado de móviles', explicou Andy Rubien, director da plataforma Android. Esta operación rebaixará o precio de moitos terminais, xa que até o de agora as empresas de software cobraban aos fabricantes de teléfonos cando empregaban as súas licenzas. Ademáis, pola súa natureza de código aberto, calquera programador informático poderá crear aplicacións para o seu uso en Android. Samsung, HTC, LG Electronics e Motorola comezarán a distribuír teléfonos equipados con este paquete na segunda metade de 2008 en España será Telefónica a que se encargue de distribuír móbiles con este software. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|











