| Desaparece a OpenDocument Foundation |
|
|
|
| escrito por Daniel Vázquez Rivera | |
|
Segundo o comunicado oficial publicado no sitio web http://opendocumentfoundation.us/ (que aínda se pode ollar na caché de Google), a imposibilidade de convencer a OASIS para incluir no seu formato as melloras propostas pola fundación no tocante a interoperabilidade en abril do ano pasado motivou o cese do apoio ó formato ODF, pasando a estudar a opción da W3C: Compound Document Format (CDF). No comunicado explican que tras traballar no proxecto do plugin da Vinci para MS Office, tras unha solicitade do goberno de Massachussets, atoparon como claves a interoperabilidade, a compatibilidade e unha alta converxencia, características non por completo satisfeitas por ODF, segundo a fundación. Por tanto e, debido a presión exercida por Microsoft con OOXML, CDF é a mellor opción segundo a OpenDocument Foundation como alternativa ó antedito formato privativo da compañía de Redmond. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|












